O regreso á competición na Preferente trouxo resultados dispares para os conxuntos lucenses. No duelo provincial da semana o Lemos deu a sorpresa ante o Lugo B que perde comba co segundo posto. A súa vez, os de Monforte deron un importante paso cara a permanencia. Tamén conseguiu unha vitoria destacada o Chantada, mentras que a Sarriana afúndese na clasficación. Toda a xornada queda reflectida no noso once.
O partido da Pinguela acabou con triunfo do Lemos por 4-3 ante o Lugo B. Nun gran partido dos locais con gran acerto, Jorge Rodríguez, Eriksson e Petrovich (por segunda xornada seguida) lideraron ao conxunto monfortino que soubo sobrepoñerse ao empate do filial alvibermello con 1-1 e despois mantela diferenza cando ía gáñando. O Lemos, segue pendente dos arrastres que o poidan facer baixar, pero xa está empatado a puntos co rival que o antecede, o Mugardos. Pola súa banda o Lugo B queda cuarto na clasificación, a catro do ascenso directo.

A outra gran nova da fin de semana chegou en Sada, onde o Chantada derrotou por 1-2 ao último clasificado. Traste, Manu (por segunda xornada consecutiva) e César marcaron as diferenzas para os visitantes nun encontro que se resolveu grazas ao penalti transformado por Manu. O cadro chantadino suma a súa segunda vitoria seguida e alimenta as súas posibilidades de salvación.
O Viveiro botoulles unha man aos conxuntos lucenses da zona baixa ao gañarlle 2-o ao Mugardos en Cantarrana. Kiko, coa portería a cero, e, de novo, Arturo volveron marcar as diferenzas para o club de Cantarrana, ao que lle faltaría que a temporada durase un par de xornadas máis para achegarse ao play-off. Outro que lle axudou os da terra foi o Escairón que derrotou por 0-1 ao Betanzos e impídelle ao equipo coruñés sellala permanencia. Iván González e Castro foron os máis sobranceiros dun partido que deixa aos do Saviñao na sexta praza. Pola súa banda, o Ribadeo empatou na casa ante o Bertamiráns (que tamén se atopa na zona baixa) grazas a un tanto de Criss nos últimos minutos. O friolés Rafa Casanova volveu levala batuta do Ribadeo.


A mala nova púxoa a Sarriana que perdeu por 6-0 no Viso ante o Arzúa. O club sarriano, que contou con moitas baixas, está prácticamente fóra de combate con 23 puntos no segundo posto do descenso.