#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

O Viveiro remata a segunda fase invicto en Cantarrana

Rematou a temporada en Terceira para os conxuntos lucenses, e fíxoo cun intrascendente encontro do Viveiro en Cantarrana onde logrou un empate diante do Pontellas, que o mantén invicto no seu feudo nunha segunda fase practicamente impecable dos mariñáns, que rematan a competición con cincuenta puntos.

O encontro resultou insulso e descafeinado, froito da situación clasificatoria de ámbolos equipos. O Viveiro coa permanencia acadada e o Pontellas co descenso matemático xa consolidado. Foi o cadro porriñés quen levou a iniciativa nos primeiros vinte minutos de encontro e foi quen de inquedar a portería defendida por Tomás por medio dun perigoso Berni, que disparou moi preto do pao. Co paso dos minutos os mariñáns colléronlle o pulso ao encontro e non tardaron en chegar as ocasións. O que estivo máis preto de acadar o tanto foi Rolle, que estrelou o balón no pao en dúas ocasións. A primeira delas logo dun gran centro de Agus que o canteirán rematou coa testa e pouco despois cun zurdazo que tamén rematou no pao.



A insistencia do Viveiro na procura do gol na primeira metade rematou con outra gran ocasión, desta volta nas botas de Facu. O extremo prantouse só diante do gardameta rival e a súa vaselina saiu moi preeto do pao. Cando parecía que o marcadaor chegaría inamovible ao descanso, o colexiado sinalou penalti a favor do Pontellas ao derribar na área Pablo Rey a un atacante porriñés. Nando non errou desde os once metros.

A segunda metade convertiuse nun ida e volta con chegadas continuas a ámbalas dúas áreas, aínda que sen practicamente ningunha ocasión clara de gol. Tan só un lanzamento de falta de Xaime ante o que Toni tivo que empregarse a fondo. Co tempo regulamentario xa cumprido, Javi Rey recolleu un balón dentro da área que culminou cun dereitazo que rematou dentro da portería e fixo xustiza ao visto durante os noventa minutos.



O Viveiro remata a segunda fase invicto en Cantarrana

A-56: Ilustres lucenses e ourensáns acreditan a

O Viveiro remata a segunda fase invicto en Cantarrana

A Sarriana salva o ‘match-ball’ polo ascenso

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *