Un día menos para a celebración do I All Star Futbolinlugo Burela 2019. Publicamos os xogadores con máis aparicións nos sobranceiros da temporada na Terceira Rexional. Lembrando que a difusión dos sobranceiros semanais é a escusa para falar da categoría. Procuramos a máxima obxectividade posible dentro dos nosos medios. Pero non quere dicir que ninguén sexa mellor ou peor. Simplemente tentamos recoñecer dunha ou doutra maneira o traballo de todos. Nesta tempada coincide que esas aparicións nos sobranceiros teñen premio ao decidirmos organizar o All Star. Oito xogadores da Terceira Rexional estarán representando a categoría no evento do sábado 29 deste mes en Burela. Eles xa saben quen son. Un porteiro e sete xogadores de campo. En breves a convocatoria será pública. Polo de agora publicamos a lista da xente con máis protagonismo na nosa web ao longo do curso. Para desempatar no número de aparicións seguimos o criterio do xogo limpo. Fixemos a media entre os partidos xogados e os cartóns recibidos na competición regular.
1. Joserra (Celta Barreiros). 5 aparicións
2. Álvaro (Celta Barreiros). 4 aparicións
3. Jacobo (Alfoz). 3 aparicións
4. Rois (Castroverde). 3 aparicións
5. Santi (Fonsagrada). 3 aparicións
6. Dani Gemelo (Quiroga). 3 aparicións
7. Isma (Río Sil). 3 aparicións
8. Esteban (Paradela). 3 aparicións
9. Maikel (Matela). 3 aparicións
10. Panizo (Río Sil). 2 aparicións
11. Jairo (Muimenta). 2 aparicións
12. Yago (Cazás). 2 aparicións
13. Dani Díaz (Celeiro). 2 aparicións
14. Mavilo (Quiroga). 2 aparicións
15. Miguel (Antas). 2 aparicións
16. Dani Río (Alfoz). 2 aparicións
17. Santi Carballido (Friol B). 2 aparicións
18. Gachán (Quiroga). 2 aparicións
19. Iago (Rubián). 2 aparicións
20. Silva (Celeiro). 2 aparicións