O temporal deixa a moitos Máxicos sen partido

A borrasca Herminia deixou pegada no fútbol dos Máxicos. Este domingo tan só se disputaron 3 dos 10 partidos que implican a equipos lucenses na Primeira Futgal, mentres que os restantes 7 agardan por unha nova data para a súa disputa.

As condicións climatolóxicas impediron que se desenvolvese con normalidade unha xornada na que a choiva e o vento foron protagonistas tanto nas localidades nas que non houbo fútbol coma nas que sí que se celebaron os partidos.

Os Máxicos do Oural sacaron 3 puntos de ouro

A SD Chantada asalta o feudo do Taboada (0-1). O choque púxose de cara para os visitantes cando Manu anotou un gran gol de falta directa. O campo, enchoupado, impediu fútbol combinativo por parte de calquera dos dous conxuntos, que se encomendaron ao pragmatismo e en non cometer erros. Apenas houbo ocasións para ningún dos dous equipos, aínda que o Taboada acumulou moita xente en área rival no treito final do partido e estivo preto da igualada, pero os visitantes defenderon ben e levaron os tres puntos cara o Sangoñedo.

O Castro imponse ao San Lázaro nunha tarde fría (5-1). No Anexo do Arturo Pereiro tampouco corría ben o esférico, e aínda que o Castro anotou rápido, os Máxicos celestes empataron ao pouco tempo. Porén, os locais adaptáronse mellor ao contexto e contaron con numerosas ocasións antes dun tempo de lecer no que o resultado era de 2-1. Na segunda metadem chegou a efectividade do equipo dirixido por Dumi, que sentenciou o choque con tres goles máis, 5-1.



O Oural remonta e suma tres puntos de ouro diante do Outeiro (2-1). O Outeiro aproveitou o vento a favor na primeira metade e fixo o 0-1 nunha acción desafortunada dos locais, e puido ampliar a renda con ocasións a través do xogo directo que propuxeron. Porén, na recta final da primeira metade, un balón filtrado de Weimar e un gran xesto técnico de Mario traducíronse no 1-1. No segundo tempo, os sarriáns dominaron o choque, aínda que o Outeiro errou un man a man nunha transición. Finalmente, unha acción na que Cayuela arrincou desde banda dereita para disparar supuxo o 2-1 que deixou tres puntos vitais no Luis Pallín.

máxicos
Os Máxicos do San Lázaro non puideron co Castro.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *