#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

O Polvorín gaña no derbi e racha a boa xeira do Racing Vilalbés

Dous derbis en once días e resultados dispares. Se o día de Reis na Madalena o Racing Vilalbés goleou ao Polvorín, desta volta na Cheda o filial do C.D. Lugo vingou a mala actuación do encontro correspondente á primera volta e acadou un importante triunfo con dous goles de Cristian.

O Polvorín sitúase cuarto na clasificación a tan só un punto do Racing Vilalbés, que rachou unha xeira de cinco encontros consecutivos sen perder. As tres derrotas desta temporada dos chairegos chegaron lonxe da Madalena, que quedan no terceiro posto da táboa clasificatoria.

O filial albivermello recuperou para este encontro a Quindimil e Antón Escobar logo que foran convocados a pasada xornada ás ordes de Mehdi Nafti e ámbolos dous foron da partida. Simón Lamas realizou tres trocos no equipo con respecto á última xornada coa entrada no once de Javi Pita, Vérez e Pedrosa. Marcos e Expo foron baixa no cadro local, mentres que Santi Gegunde e Javi Varela nos visitantes. Preto do final do encontro, as forzas da orde tiveron que facer acto de presenza nos aledaños da Cheda ao non gardar os seareíros as distancias de seguridade.



Non lle saiu o plan ao Racing Vilalbés. O troco do plantexamento de partido do Polvorín xerou dúbidas no conxunto de Simón Lamas que non atopou espazos para facer o seu fútbol. Os de Álex Ortiz, a través de posesións longas de balón, tentou crearlle perigo ao seu rival. A máis clara do primeiro tempo levou a sinatura de Cristian, que aproveitou un gran pase de Iago Novo, pero Javi Pita resolveu ben no man a man. No ecuador da primeira metade Ángel tivo que abandoar o céspede lesionado e foi sustituído polo xuvenil Rares.

Na segunda metade os chairegos tentaron apretar máis, pero deseguida chegou o primeiro tanto do Polvorín. Morais foise da marca de López e o seu balón, logo dun rexeite, cázao Cristian que conectou un bo disparo raso axustado ao pao. Non tardou en chegar o segundo. Foi logo dunha xogada de Antón Escobar que cede para que Cristian, desde a frontal da área remate a gol.



Simón Lamas moveu o banquiño e coa entrada de Aitor e Marino e tentaron recurtar diferencias con balóns largos sobre os dianteiros. Pedrosa puxo un bo centro que Make e Jose Varela ao tentar rematar estorbáronse e non acadaron finalizar a xogada. A falta de vinte minutos para o final Muíña foi expulsado por doble amonestación. O colexiado ensinoulle cartón amarelo ao central e as protestas costáronlle o segundo. Nos derradeiros minutos non houbo ocasións para ningún dos dous equipos.

O Polvorín gaña no derbi e racha a boa xeira do Racing Vilalbés

Iago López e Alberto Suárez xa volven

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *