#Sin categoría

O Polvorín derrota ao Alondras e remata a fase de ascenso na cuarta praza

O Polvorín derrotou ao Alondras a domicilio na última xornada da fase de ascenso (0-1).

O filial albivermello cumpriu a súa parte e derrotou ao Alondras no Morrazo, pero tivo que conformarse coa cuarta praza logo do triunfo do Arousa na Lomba no seu encontro diante do Somozas. O gañador da eliminatoria entre o Alondras e o Estradense será o rival dos lucenses na segunda rolda das eliminatorias polo ascenso a Segunda Federación.

Os de Álex Ortiz chegaron xustos de efectivos a un encontro que comezou sen ritmo, tanto que parecía un encontro de pretemporada. Malia todo ámbolos conxuntos chegaban a área rival con certo perigo, aínda que con imprecisións nos últimos metros. Á beira da media hora de partido Gabarre roubou e a internada pola banda de Torrada rematou co balón nas botas de Morais que desde a frontal da área colocou o balón lonxe do alcance de Nucho. Co marcador a favor, o Polvorín mellorou e sentiuse máis cómodo con balón. Estivo preto o 0-2 nun testarazo de Fidalgo á saída dun córner.



Na segunda metade, o Polvorín baixou as súas prestacións froito das numerosas baixas e o Alondras inquedou a portería defendida por Ángel Fraga. Luismi e Jonás tiveron dúas claras ocasións para acadar un empate que faría xustiza ao visto durante os noventa minutos.

O Viveiro suma un punto en Cantarrana diante dunha UD Ourense que xogou a segunda metade en inferioridade (1-1).



Os mariñáns mantéñense invictos en Cantarrana na segunda fase e camiñan con paso firme cara a permanencia, malia que desperdiciaron unha boa ocasión para deixala case pechada. A falta de doce puntos puntos por disputarse, o Viveiro ten seis de marxe sobre a zona de descenso.

Voltou Chusky a repetir unha liña de cinco zagueiros, desta volta con Uriol no canto de Dani Montes. A pesar de tentar non pasar apuros en defensa, foi o cadro ourensán quen gozou das mellores ocasións para adiantarse no marcador. As dúas máis claras nas botas de Raúl Melo. A primeira salvouna Manu Cedrón, moi atinado no un contra un. A segunda, un providencial Nico case sobre a liña. O Viveiro tan só creou perigo nun lanzamento de falta de Rolle. Ao borde do descanso chegou unha acción clave do encontro. Champi viu o segundo cartón amarelo e deixou á UD en inferioridade para a segunda metade.

Logo do paso por vestiarios, os mariñáns buscaron o tanto e este non tardou en chegar. Asier aproveitou un erro defensivo para batir a Borja cun preciso tiro cruzado. Cuarto tanto para o focense na súa primeira temporada en Terceira. A UD Ourense non se veu abaixo e malia a estar cun home menos buscou o empate. Un lanzamento de falta de Alfredo rematou en córner e no saque desde o curruncho Viti cabeceou o balón ao fondo das mallas.

Con preto de media hora por diante o Viveiro controlou o encontro, pero non foi quen de xerar ocasións claras para marcar. Nos últimos dez minutos o adestrador local desfixo a liña de cinco coa entrada de Facu en sustitución de Uriol, pero non supuxo máis claridade no ataque local.

O Polvorín derrota ao Alondras e remata a fase de ascenso na cuarta praza

O anecdotario: «Cando lle pitamos ao radar»,

O Polvorín derrota ao Alondras e remata a fase de ascenso na cuarta praza

Tres equipos e un destino para unha

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *