#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – C.D. Foz: rachas contrapostas nun derbi de pronóstico incerto

Tan só un mes despois do derbi mariñán clásico nas últimas temporadas entre o Viveiro e Ribadeo, chega outro. Será no Pepe Barrera, o domingo ás 17 horas, cos ribadenses de novo como protagonistas ante un Foz, recén chegado á Preferente logo de seis temporadas de ausencia. O último enfrontamento entre os dous equipos data do 22 de xaneiro do 2012 con triunfo para o Ribadeo, daquela adestrados por Vilachá por catro tantos a un.

Brais enfrontarase ao seu ex equipo este domingo

Os ribadenses non chegan no seu mellor momento. Un bo comezo de temporada, amosándose como un conxunto sólido e difícil de dobregar viuse empañado polos últimos catro encontros. Logo do triunfo no derbi ante o Viveiro, as derrotas ante o Arzúa e As Pontes, rivais directos, o empate na casa in extremis ante o San Tirso, e a derrota do xoves amosando unha moi mala imaxe en Ordes, relegaron aos de Rafa Casanova ata a sexta posición, pero a once puntos dos postos de ascenso. De tódolos xeitos, no Pepe Barrera, o Ribadeo amósase máis fiable que a domicilio, colleitando tan só unha derrota.

O medio focense Dani Chao xa leva tres tantos no que vai de liga

O C.D. Foz, pola contra, chega ao derbi nun momento dulce. Malia estar na decimoséptima posición con dezanove puntos, conta os tres últimos encontros por victorias, alonxando aos tres equipos que ocupan postos de descenso de xeito máis que considerable. Os triunfos no Martínez Otero ante o Boimorto e o Castro, así como o primeiro a domicilio en Santa Comba ante o Xallas déronlle pulo e moral aos de Gayol, que de tódolos xeitos seguen en perigo por mor dos sempre temidos arrastres.

Falamos con dous dos protagonistas deste encontro, ambos con pasado no rival do próximo domingo: Criss, dianteiro do Ribadeo F.C. e Jacob, mediocentro do C.D. Foz.



QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?

CRISS (RIBADEO F.C.)

O focense Criss, un ano máis a referencia ofensiva do Ribadeo

 – A mala xeira. «A verdade é que levamos catro partido malos, desde a segunda metade ante o Arzúa e logo contra As Pontes, San Tirso e Ordes. Creo que os xogadores non competimos como deberiamos nestes encontros, pero agora xa pensamos no partido ante o Foz para cambiar esta dinámica e voltar a ser o equipo que debemos ser».



 – O derbi. «Agardo un encontro igualado e disputado. Ogallá sexa un bo partido e haxa un bo ambiente nas gradas. Para min será especial, xa que teño amizade con boa parte do plantel rival, adestro nas escolas de fútbol do Santiago de Foz xunto con varios xogadores do Foz, e ademáis foi un dos equipos nos que xoguei e teño bos recordos daquel vestiario».

O Foz. «Creo que están nun bo momento, xa se adaptaron á categoría e acadaron os puntos que necesitaban para coller confianza e poden gañarlle a calquera equipo. De tódolos xeitos preocúpame máis o que fagamos nós. Temos que competir e lavar a imaxe dos últimos partidos para voltar a sumar os tres puntos».

 JACOB (C.D. FOZ)

 – O derbi nun bo momento. «Afrontamos o derbi como o levamos facendo tódolos partidos da temporada, con ilusión de gañar, facer un bo papel e competir. Estamos nunha boa dinámica e o Ribadeo vén dunha racha negativa, pero a diferenza de puntos entre os dous equipos está ahí e estou seguro que será un partido moi disputado. Sobre o papel quizais sexa un dos mellores momentos para disputar un encontro así, pero nunca se sabe o que pode ocorrer».

Jacob voltará ao Pepe Barrera coa camiseta do Foz

 – Retorno ao Pepe Barrera. «A verdade é que será un pouco estrano. Foron catro anos que me marcaron moito como xogador, e o que creo que é máis importante, como persoa. Só teño boas palabras para a xente da que estiven rodeado alí e estou inmensamente agradecido a tódalas persoasque me trataron de xeito inmellorable. Pero todo iso durante noventa minutos queda a un lado e o único que serve é a victoria».



– O Ribadeo. «O que máis me preocupa é que é un equipo forte no seu campo. Como ben se sabe é un campo un tanto «especial»  que ninguén coñece tan ben coma eles e sempre manexan o partido mellor que o equipo visitante. Ademáis teñen xogadores de sobra coñecidos que che poden crear perigo onde parece que non o hai».

 – A permanencia. «Nestes momentos Agolada, Castro e Estudiantil parece que non dan saído do pozo, pero isto son rachas e se collen unha dinámica positiva poden rematar saíndo, pero cada vez a distancia é maior e, polo tanto, máis complicado. No resto dos equipos hai moita igualdade. Sumando dúas victorias podes pasar de estar na zona baixa a estar na zona media-alta. Está todo moi aberto e queda moito por decir».

[themoneytizer id=»15360-4″]

ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .

Terceira División

– Polvorín – Céltiga (Domingo ás 12 horas na Cheda): logo do meritorio empate no campo do Bergantiños, os de Durán buscarán sumar tres puntos ante un rival directo. Os da Illa veñen de caer goleados con estrépito no Salvador Otero ante o Ourense C.F.

Preferente Norte

– C.D. Castro – S.D. Negreira (Domingo ás 16 horas no Arturo Pereiro): logo de varios encontros nos cales os chairegos melloraron o seu nivel de xogo, chega o momento dos resultados. Enfróntase a un Negreira que viu cortada a súa melloría con dúas derrotas nas últimas dúas xornadas.

Chumi está a ser dos xogadores máis en forma do Castro nas últimas xornadas

 

– S.D. Sarriana – C.S.D. Arzúa (Domingo ás 16:30 na Ribela): logo de dúas derrotas, a última con goleada en Viveiro, os de Alberto López buscarán voltar á senda do triunfo ante un duro rival, que sumou dezaseis dos últimos dezaoito puntos en xogo.

Primeira Autonómica

 – Taboada C.F. – Club Lemos (Domingo ás 16 horas no Castro Seoane): os de Martín Murado, séptimos na táboa, pero que nas últimas xornadas non atopa regularidade, recibe ao líder. Os de Edu Rodríguez amósanse como un conxunto moi sólido encontro tras encontro.

Equipo titular do Taboada no enfrontamento ante o Chantada Atlético

 – Chantada Atl. – U.D. Xove Lago (Sábado ás 16:30 horas no Sangoñedo): a reacción dos chantadinos viuse truncada con dúas derrotas consecutivas. Reciben a un Xove que vén de colleitar un importante triunfo para saír da zona baixa.

Segunda División Feminina

 – P.M. Friol C.D. Lugo – Victoria F.C. (Domingo ás 17 horas na Reigosa): co obxectivo de manter o bo nivel amosado e a plaza de ascenso que ocupan, as de Josito Jul reciben un rival complicado. As de Santiago ocupan o séptmo posto na clasificación.

Primeira División Galega

 – Antas S.D. – Deportivo Orzán (Domingo ás 18 horas no Castro Seoane): encontro clave para as de Melendo. Reciben ao Orzán, pechacancelas que aínda non foi quen de puntuar, polo que semella unha boa posibilidade de sumar tres puntos.

Segunda División Galega

 – S.D. Chantada – Vioño C.F. (Domingo ás 16:30 horas no Sangoñedo): logo de perdelo último encontro e cortala racha, as chantadinas buscarán voltar á senda do triunfo ante a súa afección. Reciben ás segundas clasificadas.

O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – C.D. Foz: rachas contrapostas nun derbi de pronóstico incerto

O partido en imaxes: Foz-Castro (3-2)

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *