#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O partido da xornada . . . C.D. Castro – S.D. Sarriana: as distancias recúrtanse nun derbi

A xornada do domingo abrirase cun prato forte. Ás 12 da mañá o Arturo Pereiro albergará un derbi provincial da Preferente Norte entre o conxunto local, o C.D. Castro e a auténtica revelación da competición, a S.D. Sarriana. Dinámicas contrapostas e clasificación cunha diferencia abismal para estas alturas de liga, pero nun encontro desta tipoloxía, cun alto coñecemento do rival, a palabra favorito perde o seu sentido.
Coa sombra da desaparición por enriba máis de medio verán, a temporada do Castro non se presumía sinxela. Os resultados non comezaron acompañando e o adestrador no que a directiva puxera gran parte das súas esperanzas, Gonzalo Edrosa, decidiu que a súa saída era o mellor para o clube. Fíxose cargo do primeiro equipo Brais Prados, que adestraba ao xuvenil, e co paso das semanas, aínda que os resultados seguen sen chegar as sensacións son outras.
Brais Prados relevou no banco a Gonzalo Edrosa e afronta o reto de acadala permanencia do Castro
Pero o certo é que os resultados son fundamentais, e a permanencia dos chairegos pasa por comezar a gañar cantos antes. Polo momento non foron quen de facelo, conquerindo tan só tres empates no que vai de campaña, todos eles no Arturo Pereiro, ante Montañeros, Boimorto e Ribadeo.
Situación moi distinta se vive máis ao sur. A Sarriana, conxunto recén ascendido á Preferente é a agradable sorpresa deste comezo ligueiro. Logo de nove encontros, suma oito victorias e tan só un empate, o que lle serve ao conxunto adestrado por Alberto López para ocupalo segundo posto na táboa con vintecinco puntos e tan só catro goles encaixados. Na última xornada goleou ao Xallas, que viña en traxectoria ascendente, por cinco tantos a cero, o que fala tamén da súa capacidade ofensiva. Omar, con catro tantos é o seu máximo realizador.
O último enfrontamento entre ámbolos dous clubes no campo das Ribeiras do Lea en Preferente disputouse un 31 de xaneiro de 2016, temporada na que o conxunto chairego rematou ascendendo a Terceira e rematou con empate a un tanto. Suso, actualmente no Pol fixo o tanto do empate do Castro, mentras que o vilalbés Roberto Prieto adiantara á Sarriana. Os nosos protagonistas neste Partido da Xornada, Dumi e Luisma, foron da partida naquela tarde de inverno de fai máis de dous anos.
QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?
Diego Pardeiro «Dumi» (C.D. Castro)
Dumi, a voz da experiencia no vestiario do Castro
Encontros que son finais. «Non nos chega o encontro ante a Sarriana no mellor momento. Temos un plantel moi curto e xoven, e ademáis contamos con baixas. Temos que afrontalo encontro como un máis, para nós todas son finais e así vai ser domingo tras domingo. Ademáis, a Sarriana ten un gran equipo, e leva os puntos que leva, o que ten que ser un plus de motivación máis para nós«.
A Sarriana. «Do rival preocúpame todo. Teñen un bloque moi completo, pero sobre todo son un equipo que case non encaixa goles e arriba ten xogadores determinantes, sobre todo Omar, que é doutra categoría«.
Melloría nas últimas xornadas. «Estamos mellorando, encaixamos menos e somos máis sólidos. A clave é seguir nesa liña, sen cometer os erros infantís que cometemos a comezos de temporada. Creo que achacamos a falta de experiencia do noso equipo e a falta de adestramentos xuntos, xa que comezamos con moi pouca pretemporada«.
Luis Manuel López «Luisma» (S.D. Sarriana)
Luisma, un ano máis lidera a zaga da Sarriana
Sorpresa relativa. «Creo que no fútbol non existen as casualidades. Os partidos hai que xogalos e gañalos. O comezo de temporada está sendo moi bon, fai uns meses ninguén contaba estar tan arriba na táboa«.
O encontro do domingo. «Afrontámolo como outro calquera. Nesta categoría non hai rival pequeno, polo que se te despistas perdes un encontro por menos de nada«.
O Castro. «Na casa están a competir moi ben e é complicado gañarlles. Ademáis é un equipo que sempre marca polo que teremos que estar moi atentos en defensa«.
[themoneytizer id=»15360-3″]

 

ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .

Terceira División

– Racing Vilalbés – Ourense C.F. (Sábado ás 17 horas na Madalena): os de Xoan Peón reciben a visita dun rival directo na zona baixa da táboa. Os ourensáns suman un punto menos que os chairegos, polo que, o que resulte gañador deixará tocado ao seu rival.



Make está a ser un dos destacados neste irregular comezo do Racing Vilalbés

Preferente Norte

– C.D. Foz –  Atlético Arteixo (Domingo ás 17 horas no Martínez Otero): os de Gayol reciben a un equipo chamado a estar na parte alta da clasificación. Os focenses suman tres encontros invictos na casa, mentras que o Arteixo perdeu tres dos seus catro encontros a domicilio.

Ribadeo F.C. – S.D. Dubra (Sábado ás 17 horas no Pepe Barrera): rival incómodo o que visitará aos de Rafa Casanova. Os ribadenses seguen invictos e queren engancharse aos postos de arriba antes de visitala Sarriana.



Hugo voltou á porta do Ribadeo a pasada xornada mantendo a portería a cero

Primeira Autonómica

Polo momento, Taboada e Escairón levan traxectorias contrapostas neste comezo ligueiro

– S.D. Outeiro de Rei – Taboada C.F. (Domingo ás 16:30 horas no Municipal): cuarto contra terceiro. Os de Cholas, que sumaron os seis últimos puntos reciben aos homes de Martín Murado, invictos nos cinco últimos encontros.

 

Atlético Escairón – Club Lemos (Domingo ás 18 horas no Municipal do Saviñao): logo de tres derrotas consecutivas, os de Eskalza precisan dun triunfo de forma urxente. Reciben no seu feudo ao Lemos, líder invicto que polo momento tan só recibiu un gol.

Segunda Autonómica

 – S.D. Candelaria – E.D. Lourenzá (Domingo ás 16:30 na Granda): dous conxuntos en racha. Os de Rúa, logo dos apuros do ano pasado apuntan a unha campaña máis tranquila, mentras que os laurentinos, logo dun frouxo comezo, levan tres encontros gañando e poden engancharse na parte alta.

– Ferreira C.F. – S.D. Chantada B (Domingo ás 16:30 no Baliño): urxe unha victoria para o conxunto adestrado por Julio Corral logo de cinco encontros en gañar. Enfronte un conxunto complicado, o filial chantadino, que suma tres puntos máis que os de Pantón.

Cazón, incombustible outra campaña máis defendendo a camisola do Ferreira

 Primeira División Galega

 – Antas S.D. – Orzán S.D. (Domingo ás 17 horas no Castro Seoane): logo do empate acadado a domicilio, as rapazas de Melendo buscarán os tres puntos no seu feudo, que as distancie dos postos de perigo.

O Antas non tivo un comezo sinxelo na Primeira Galega

 Segunda División Galega

 – S.D. Chantada – Orzán S.D. «B» (Sábado ás 12 horas na Raña): complicado encontro ante o filial do Orzán. As chantadinas loitarán polo que sería o segundo triunfo consecutivo como locales.

P.M. Friol Lugo «B» – Torre S.D. (Domingo ás 19 horas na Reigosa): encontro a priori propicio para as de Friol. Reciben ao pechacancelas coa vista posta en alcanzalo liderato.

 

O partido da xornada . . . C.D. Castro – S.D. Sarriana: as distancias recúrtanse nun derbi

Os sobranceiros da Terceira na 5ª xornada

Fanny Varela (Friol CD Lugo): «Tómanse as

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *