#Fútbol afeccionado #Feminino

O Lugo, o Chantada e o San Roque levan os últimos derbis do ano

O gran derbi lucense da Primeira non se resolveu ata a media hora final. O Antas fixo un bo exercicio defensivo ante un Lugo que mandou de principio a fin. E que se volveu pelexar co gol. Goico e Nai apareceron a tempo, tras sendas asistencias de Candela, para deixar os tres puntos na Cheda. E ás de Joaquín Blanco a outros tantos puntos do liderado neste parón de Nadal. A mellor noticia para as visitantes foi a recuperación de Laura Vilela, despois de moito tempo fóra dos terreos de xogo.

Último cuarto de hora de infarto en Chantada

Outro encontro que deixou todo para o remate foi o derbi entre o Chantada e a Milagrosa. Un encontro marcado pola igualdade e no que Laura Carnero adiantou ás de Gorry nun balón parado (min. 71). Ainara devolveu a igualada tres minutos máis tarde. Iso si, a Milagrosa tivo a resposta instantánea das locais para poñer o 2-1. Ángeles vía porta nun novo balón parado. O choque non se decidiría ata os compases finais, onde Eva fixo unha bonita vaselina para certificar a vitoria das chantadinas.

No outro partido entre lucenses da xornada, o San Roque castigou a un Monte Forte que segue acusando en exceso as baixas. As de Quiroga mostráronse moi superiores na primeira metade para chegar cun 2-0 ao descanso. As verdibrancas viron o encontro medio feito e as visitantes recurtaron distancias. Pero María matou calquera opción de remonta monfortina cunha falta directa por toda a escadra.

O Carballedo encadeou a quinta xornada consecutiva sen perder nun duelo sen historia. As de Adrián Rodríguez asinaron unha ‘manita’ ante o EF Silleda cun hat trick de Ana Lamas e o primeiro gol dunha das pequenas da familia, Lúa. Non tivo tanta sorte unha Comercial que deu a cara pese ás circunstancias. As de Vivian Dors caeron por 4-1 pese a presentarse ao encontro con tan só oito xogadoras.



Por último, o San Lázaro acaba o ano na segunda posición. As de Luchi lograron unha cómoda vitoria na súa visita ao Bandeira. As capitalinas estiveron espesas na primeira metade, na que só foron quen de anotar un gol. No entanto, impuxeron a súa lei tralo paso polos vestiarios. E Xiana e Jenny fixeron sendos ‘dobretes’ entre os minutos 60 e 75.

O PM Friol saca un valioso punto da súa visita ao Espanyol B

Ali Martínez, autora dun hat trick, erixiuse na gran estrela do PM Friol na Ciudad Deportiva Dani Jarque. As de Covi recibiron o primeiro tanto ao minuto de xogo. Ali fixo a réplica antes do cuarto de hora. A partires de aí, foi o Espanyol B o que mostrou unha maior efectividade, chegando á derradeira media hora cunha vantaxe de dous goles (3-1). Aí, Ali botouse ao equipo ás costas e cun par de tantos consecutivos rescatou un valioso punto para as da Reigosa.

Ana Lamas fixo un hat trick para o Carballedo

resultados da xornada

Espanyol B 3-3 PM Friol



CD Lugo 2-0 Antas

Chantada 3-1 Milagrosa

San Roque 4-1 Monte Forte

Carballedo 5-0 EF Silleda

Cruces 4-1 Comercial



Bandeira 0-5 San Lázaro

Ángeles, xogadora Torre de Núñez de decembro

Ángeles, xogadora Torre de Núñez do mes de decembro

Neste mes de decembro tivemos que recorrer ao desempate. Nas dúas xornadas ligueiras que tivemos, ata tres xogadoras destacaron en ámbalas dúas datas. Son os casos de Paula (Monte Forte), Ángeles (Chantada) e a xa gañadora do pasado mes Nati (Comercial).

Pois ben, unha vez mirados os cartóns vermellos e amarelos. E comprobar que ningunha das xogadoras recibira cartón algún… fómonos aos goles. E aí Ángeles foi a máxima anotadora, con dous tantos. Por un de Nati e ningún de Paula. Deste xeito, a dianteira do Chantada leva o suculento premio de Torre de Núñez, referente cárnico galego por excelencia!

O Lugo, o Chantada e o San Roque levan os últimos derbis do ano

Semana Santa, semana de Copas

O Lugo, o Chantada e o San Roque levan os últimos derbis do ano

Un triunfo mundial e outra fichaxe de

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *