Ao igual que a pasada xornada, só o Lugo foi quen de gañar nunha fin de semana na que PM Friol e Antas volveron caer con claridade.
O inicio ligueiro do cadro de Covi Regueiro resulta un tanto preocupante. Os oito goles encaixados en tan só dúas xornadas falan por si sós. Soamente a contundente vitoria na Copa ante o Pozoalbense o pasado mércores (6-0) salienta entre as noticias positivas pola Reigosa.
Pouco durou esa alegría, xa que o PM Friol viuse superado polo histórico Europa. Un cadro catalán que xa mandaba no minuto 2 no marcador e aumentaba a vantaxe co segundo gol antes do paso polos vestiarios. Na reanudación, as visitantes perdoaron a sentenza cun lanzamento ao pau nos primeiros compases de xogo.
O terceiro era cuestión de tempo ante un cadro lucense que non chegaba á portería rival. E así foi a vinte minutos do final. Cando todo semellaba resolto, apareceu Ali Martínez para facer un dobrete e darlle vida ao PM Friol no tramo final. Foi un espellismo, xa que o Europa fixo o cuarto e definitivo no límite cun remate á saída dun córner.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Covi Regueiro, adestradora do PM Friol, realizou estas declaracións aos medios propios do Europa.
Unha de cal e unha de area na Primeira
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/09/PM-FRIOL-A-ALI-edited.jpg)
Na Primeira Galicia, outra vez cara e cruz. O Antas perdeu na casa nun encontro no que acusou o baixón físico na segunda metade. En gran medida debido á ausencia de pretemporada nun conxunto lucense que segue sen adestrador/a. Miriam adiantou ao Mos B a falta de dez minutos para o descanso. A resposta de Lucía foi instantánea e a igualada mantívose ata a reanudación. Aí, Miriam completou o seu hat trick particular e deulle ao seu equipo os tres puntos no Castro Seoane.
Pola súa parte, o Lugo suma pleno de triunfos despois de golear ao Amistade a domicilio. Comezou dubitativo o conxunto de Joaquín Blanco, ao que lle custou un chisco adaptarse a un terreo de xogo pequeno e lento. Porén un gol de falta de Candela deulles a tranquilidade necesaria para controlar o partido e comezar a crear ocasións. Co paso dos minutos e os dous goles de Esther, o Amistade tamén baixou o ritmo e o tramo final do partido foi moi favorable para as albivermellas, rematando co cuarto gol de Blanca.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
RESULTADOS DA XORNADA
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/09/IMG_2763.jpg)
PM Friol 2-4 Europa
EFB Amistade 0-4 Lugo
Antas 1-3 Mos B
lucía pardo, histórica
A dianteira de Outeiro de Rei xa é historia do fútbol feminino nacional. Lucía Pardo (LP) fixo o primeiro gol da recén estreada Liga Profesional Feminina. A atacante do Madrid CFF abriu o marcador no minuto 33 no partido que enfrontou ás capitalinas contra o Alavés en Vitoria.
reestruturación no ‘futfem’ na campaña 23/24
Á espera dos calendarios da Segunda Galicia, xa podemos adiantar tanto o grupo (dos seis existentes) no que xogarán as nosas representantes esta tempada. Así como o formato competitivo da vindeira tempada, onde se creará a Terceira Galicia. Explicámolo todo nas imaxes que seguen, realizadas pola RFGF.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/09/1.png)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/09/2.png)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/06/flyer-INSCRIBETE-POLVORIN-1-_page-0001.jpg)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/09/AINHOA-PLAZA-1.jpg)