Así foi a cuarta xornada da Preferente Norte no subgrupo 1C dos lucenses:
- Foz-Ribadeo (1-3): O cadro de Rafa Casanova sumou o primeiro triunfo da temporada nun derbi con escasas ocasións. O Ribadeo tirou de oficio e efectividade para impoñer a súa intensidade sobre a dun Foz que pagou caro os seus erros defensivos.
- Residencia-Lemos (3-0):
Tres goles desde o punto de penalti, dous deles de Dani Renda, quitáronlle o liderado ao Lemos. A Residencia maniatou por completo a un cadro monfortino lonxe da súa mellor versión. Os da Cheda viviron un partido moito máis plácido do agardado xa que os de Edu Rodríguez remataron a primeira metade con nove xogadores no campo.
- Sarriana-Santaballés (4-3): Gerardo, de penalti, adiantou á Sarriana xusto antes do descanso. Os de Charly desatáronse ao inicio da reanudación e deixaron o partido case sentenciado co 3-0, doblete de Gerardo incluido. Pero o Santaballés nunca se rende e a piques estivo de dar un susto a unha Sarriana que baixou as súas prestacións cos cambios. O conxunto da Ribela é o novo líder.