A última semana houbo que escoitar cousas desagradables. Por sorte, aínda queda quen saca partido ata dos aspectos máis negativos. E tamén contamos nesta sección como reina a deportividade e o bo exemplo no fútbol de sempre. Ademais o balompé nunca perde a súa cara solidaria.
Boa noite e saúdos cordiais!
“Si es que el fútbol femenino es mentira. Primero, que porcentaje de jugadoras de Primera División llegan desde el córner a portería?. Y segundo, no tienen fuerza. Y esto del machismo y del feminismo es que es algo que es un disparate…”. Son as palabras pronunciadas hai uns días por José María García no programa El Grupo Risa da Cadena Cope. García está recoñecido como un dos referentes do xornalismo deportivo español das últimas décadas. O seu xeito de facer radio deportiva marcou un antes e un despois. Non obstante, estas declaracións están fóra de lugar. Houbo quen veu na humillación unha virtude e fíxose viral polas redes sociais o Reto José María García. Precisamente consistía en facerlle ver a García que as xogadoras si chegaban ao balón dende o córner á portería. O Sporting de Gijón foi o impulsor da idea que se extendeu ata a nosa provincia. As xogadoras da SD Chantada e do Carballedo sumáronse ao reto. Esta pasada fin de semana ningún dos dous equipos tivo competición (ao igual ca o CD Lugo e a Comercial) por descanso.
As nosas rapazas tamén aceptan o #retojosemariagarcia. Qué vos parece, @futbolinlugo?
![]()
Sigamos traballando todos para que o fútbol feminino siga medrando. #istononpara pic.twitter.com/0RiGjdpGPf
— sdchantada (@sdchantada) October 31, 2019
O VAR chegou á Terceira
O Racing Vilalbés veu contento de Cangas pola imaxe dada ante o Alondras pero frustrado porque lle quitaron a oportunidade de traer os tres puntos. Nos intres finais do encontro, Moreda anotou nun primeiro momento o gol da vitoria. En principio, o árbitro e o liña dérono como válido. Pero máis tarde rectificaron a súa decisión. Algo que se viu reflectido no seguemento do partido a través dunha casa de apostas. Entre humor e realidade o VAR semella que chegou a Terceira Galega.
Nada describe mellor o que pasou que esta imaxe… Somos pioneiros na categoria. ¡Viva o viño! pic.twitter.com/3PRwFSYoqJ
— Jav1Pita (@javipita13) November 1, 2019
O que gaña felicita ao que perde
Un cando perde, non adoita estar demasiado contento. Ou polo menos non ten unha ledicia plena. Pero cando o rival que che gaña recoñe o teu mérito, un sorriso pónseche na cara. O Lemos perdeu en Barraña ante o Boiro na novena xornada da Preferente. Un dos xogadores do equipo do Barbanza, Óscar “La Magia” Martínez felicitou publicamente ao conxunto adestrado por Edu Rodríguez pola súa proposta futbolística.
Partidazo hoxe en Barraña.Aínda que o estado do terreo de xogo non axudou,viuse un partido moi bonito, da gusto xogar contra equipos como o @ClubLemos1923 cunha proposta atractiva sen perder en ningún intre a verdadeira esencia do xogo. Vémonos na Pinguela na volta. #ForzaBoiro
— Óscar Martínez (@OscarMVolum3) November 3, 2019
Solidariedade na Reigosa
O PM Friol acumula cinco xornadas sen puntuar na Reto Iberdrola. Nesta última xornada caeu na casa ante o Zaragoza. Xusto na finde na que o equipo celebrou a convocatoria de Lucía Pardo coa selección española promesas. Aínda que o encontro non significou puntos para o cadro friolés, si que significou axuda para a Asociación Down Lugo. O recaudado do partido deste domingo foi para esta asociación lucense. Ademais un dos seus asociados realizou o saque de honra.