O Foz celebra unha vitoria

O Foz para a súa xeira en 16 partidos sen perder

O Foz conseguiu unha das maiores xeiras sen perder de toda a tempada no fútbol galego. Os da Mariña Lucense conseguiron estar un total de 16 encontros na Primeira Futgal sen coñecer o que era a derrota. En datas, o Foz foi un equipo invicto dende o 3 de novembro ao 23 de marzo, un total de 140 días. Toda esa xeira na que acumularon 11 vitorias e 5 empates fai que o conxunto que dirixe Pelayo Barrero se sitúe sexto nunha posición tranquila da táboa a 12 puntos da promoción de ascenso con dous encontros menos.

Un comezo complexo para o Foz

A xeira xa rematou tras a derrota ante o Guntín por 3-1, pero o comezo desta foi algo chamativo. Antes do empate ante o Lourenzá por 2-2, o Foz levaba catro derrotas consecutivas, a última por 0-3 ante a Residencia. Pelayo, adestrador do clube, afirma que «ao principio tiñamos un cadro de xogadores moi curto e estabamos pendentes dos xogadores que pararan o ano pasado para que voltasen». Ademais, tiveron baixas de longa duración coma as de Lucas e Aarón, que se perden toda a tempada.

Iso sumouse a un tramo da tempada moi complicado, pero o Foz nunca parou de competir en ningunha das catro derrotas que tiveron antes da xeira. «Aínda que tiñamos xogadores con lesións musculares pola carga de minutos e que tiñamos rivais da zona alta, os xogadores sempre deron a cara e loitaron ata o final para sumar puntos en todos os partidos», destaca Pelayo.

Un cambio de tendencia radical

A chegada de reforzos coma Chao ou Manolo e a recuperación dos xogadores que tiñan problemas musculares provocaron que o Foz comezase a gañar encontros e iniciar unha xeira que durou ata o pasado fin de semana. Pelayo apunta que «a chave foi o máximo compromiso de todos e a intención de plasmar todo o que adestrabamos durante os noventa minutos dos encontro, sobre todo incidindo pola miña parte nos plans de partido que definimos».



Os 16 encontros consecutivos sen coñecer a derrota dos de Foz fixeron que o clube firme a permanencia matemática inda tendo dúas xornadas menos que algúns rivais. De feito, gañar eses dous encontros pode facer que os pupilos de Pelayo se metan de cheo na loita pola promoción. O adestrador afirma que «mentres as matemáticas nos deixen é posible chegar aos postos de playoff. Os nosos rivais van perder puntos en enfrontamentos directos e podemos alcanzalos«



O Foz para a súa xeira en 16 partidos sen perder

A SD Antas vence ante un rival

O Foz para a súa xeira en 16 partidos sen perder

Chega a hora da promoción

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *