#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O Foz recupera o sorriso na xornada do empate máis feliz

Así foi a oitava xornada da Preferente Norte no subgrupo 1C dos lucenses:

  • Foz-Lemos (2-1): Dezanove meses despois, un Foz superior volveu gañar un partido. E asinou os tres puntos ao grande. Remontou o tanto inicial de Dafonte, nun erro defensivo. O empate chegou xusto despois do descanso, nunha boa acción entre Álex Esquerdeiro e David Ben. O primeiro deles puxo a guinda cun auténtico golazo por toda a escadra, que lle complica ao Lemos a súa pelexa por un hipotético ascenso de categoría.
  • Residencia-Sarriana (2-2): Un empate de ouro para ambos equipos na Cheda. Un puntiño que lle garantiza a primeira posición de xeito matemático á Sarriana e que consolida á Residencia na zona de ascenso. Emoción, goles e intensidade nun encontro no que os de Charly remontaron o gol de Diego Simón contra a media hora de xogo. Na segunda metade, Álvaro Meilán buscou solucións desde o banco. Variou o sistema e o seu equipo, que nunca deixou de crer, rescatou un valioso empate na última xogada. Yeray obtivo a recompensa nunha falta lateral.

  • Santaballés-Ribadeo (3-2): O Santaballés non se baixa do carro do ascenso. Resistiu ante un Ribadeo mellor nunha primeira metade de alternativas. Os de Rafa Casanova remontaron antes da media hora, o gol inicial de Álex Novás de penalti. No entanto, na reanudación o home de moda desnivelou a balanza. Jorge Pereira asinou un dobrete para un Santaballés que maniatou aos mariñáns.



O Foz recupera o sorriso na xornada do empate máis feliz

O Racing Villalbés pecha a temporada e

O Foz recupera o sorriso na xornada do empate máis feliz

As nosas guerreiras da fin de semana!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *