#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

O ano 2023, en doce novas

Remata o ano 2023, que consolidou a «nova normalidade» no noso fútbol logo de varias temporadas difíciles. Un curso no que os integrantes do fútbol lucense vivimos momentos especiais e dignos de lembranza. Lembranzas que non sempre estarán acompañadas por sorrisos, senón tamén por bágoas. Así é o noso deporte: ás veces cru, outras ditoso -como a mesma vida-.

O noso propósito hoxe é repasar algúns dos momentos máis emblemáticos e significativos do ano 2023, en doce meses que comprenderon o final da temporada 2022/2023 e a primeira parte do curso 2023/2024. Doce meses que, máis alá dos resultados de cada conxunto, serviron para manternos xunt@s un ano máis, para manter o fútbol lucense máis vivo que nunca, para defender con orgullo a nosa provincia e os nosos concellos.

FÚTBOL FEMININO

TERCEIRA RFEF

Preferente norte

Homenaxe a Rafa Casanova na súa despedida como futbolista. Foto: Milagrosa

PRIMEIRA GALICIA

SEGUNDA GALICIA

TERCEIRA GALICIA

Ano 2024

Máis alá desta selección, na que quedaron fóra moitos momentos dignos de recordo, como o estado de forma actual de Mario (Oural), a participación do Ribadeo na final da Supercopa Galicia ou o ascenso da Milagrosa (entre moitos outros, incluso o primeiro partido de Fútbol a Pé da historia da provincia).

O noso sentir hoxe é de emoción e ledicia. Escapa un ano máis entre as nosas entre Tríos de Ases, Entrevistas ou Galerías. Futbolinlugo, ademais, mantivo o seu compromiso con todos aqueles que nos seguen cada día: consolidou a celebración do All Star, desenvolveu o I Campus Futbolinlugo, presentou unha nova edición da Guía e encheu esta páxina web de novas diarias. Pero todo iso é algo que temos que agradecerche a ti, quen le isto. Desde detrás da pantalla consegues manter esta ilusión, que se agranda coa chegada do Aninovo.



GRAZAS por un ano máis ao carón do espazo de referencia do fútbol afeccionado e feminino lucense. Xunt@s mantemos viva unha forma máis de unión, xunt@s facemos do fútbol lucense algo que vai máis alá do balón.

O equipo de Futbolinlugo deséxavos unha boa entrada de ano e agradece o voso apoio e agarimo diario.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *