Agora que vimos de ascender a Segunda co filial do Castro, veume á cabeza certas similitudes co meu primeiro ano coma xogador do Santaballés.

Recordo daquelas que eu fora xogar cuns amigos: Chechu, Dani, Oli, Suso… O cadro de xogadores era moi novo, coma no Castro B. Só había catro ou cinco veteranos. Adestrabamos coma animais e saiamos xuntos por aí. Era un conxunto moi mozo e para non descender.
Daquelas había equipos como o extinto Muras (o Pol da época), o Outeiro de Rei… Equipos que tiñan que ascender si ou si. De feito, o Muras non subiu ese ano e acabouse desfacendo.
E nós que falabamos de salvarnos, rematamos subindo. Iso si, gañando moitos dos partidos 1-0. E só cobrando primas por gasolina ou algunha por sumar os tres puntos, que logo fundiamos en cañas. Pero puideron os valores de antes, de amizade. De non deixar tirado ao compañeiro. Nin no campo nin en ningún lado.



Eses valores foron os que vin este ano no Castro B. Os dun grupo de amigos que levaban case toda a vida xogando xuntos, só con dúas incorporacións: Mateo e Fer. Incluso me involucraron a min nas festas. Foi unha ilusión comparable a aquela que tiven no pasado, un subidón. Aquel ascenso a Preferente co Santaballés parécese moito a este no primeiro ano de sénior de moitos dos rapaces de Castro.
Isaac Rouco Castro. Adestrador do filial do seu segundo apelido. Pega patadas ao balón por Riotorto
