
Isto era finais do ano 2016, cando me chamara a Selección española sub-17. Era o segundo día de adestramentos alí na concentración. Comenzamos cuns pequenos exercicios de quecemento, todos no círculo central para facer mobilidade articular e cousas desas.
Levábamos un balón imaxinario segundo as consignas que nos deran. E tiñamos que irnos esquivando os uns aos outros. Xa vos podedes imaxinar que era o que tocaba nun espazo tan pequeno para tantos xogadores. Un xogador do F.C Barcelona por aquelas, actualmente en Primeira División, dicíame algo moi curioso cada vez que pasaba por onde min.

«Caño al gallego», espetaba. E ía o tipo e tiraba de cano. E ao cabo dun pedazo volvía: «Caño al gallego». E outro túnel que me comía.


Obviamente, tomeino con humor. Non se poden tomar estas cousas a mal. Se ben é certo, que eu lla quería devolver. Así que despois, cando xa empezamos a adestrar máis en serio con balón, chegou a miña oportunidade. Balón dividido e decidín ir un pouco máis forte do habitual. Así foi, quizais algo de máis… Levanteino! Tirouse ao chan, queixouse algo. Acerqueime e dínxelle:
–«Segada ao catalán».
Rímonos os dous. Fíxolle gracia. Agora, co paso dos anos quédame a honra de ter levantado a un home que xa está en Primeira División. E non é outro que Sergio Gómez, o xogador do Huesca.

Pablo López Gallo ‘Castrín’. De estirpe de fútbol, defensa. De Riotorto e Pontenova para o mundo