Último ano de xuvenís. Estaba eu no Lugo de División de Honra. Era un ano que nos facía moita ilusión a todos, xa que viaxabamos a Santander, León… Conxuntos de verdade. Tiñamos un equipo un pouco xusto pero fixeramos un inicio de temporada moi bo, facendo puntos en todos os lados. Demos a sorpresa, chegando á Xornada 10 sen perder. Eramos un equipo bastante currante.
Naquel cadro técnico estaba Abad de adestrador e o delegado era Gustavo, un grande. Sempre estaba para as risas, moi pronto se fixo co noso agarimo. El era o encargado de dar as crónicas ao Líder. Ao terceiro ou cuarto desprazamento, xa vimos que unha hora da viaxe a dedicaba a dar aliñacións a distintos medios.
Un día puxen a orella e vin como o facía. Entón ocorréuseme converterme en xornalista en cada desprazamento. Chamaba a Gustavo en cada viaxe desde a parte de atrás do autobús, cambiando a miña voz. Metiamoslle unhas ‘vaciladas’ tremendas. Faciamos que se cortaba nos túneles, faciámoslle repetir a aliñación dúas veces. Estirábamos a broma moito. Cada vez que eu metía un gol, dicíalle algo do tipo: «Como está este chico, non? Non para de meter!» Tiña unha paciencia terrible!
Pero isto quedóusenos pequeno. Así que cada vez que había algún compañeiro algo ‘subidito’, chamabamos facéndonos pasar por representantes. Isto facíao moito co meu primo tamén. Aquel ano xogaba con Pablo Antas. Pero en realidade chamaba eu, era o brazo executor.
– «Que partidazo fixeches hoxe, son Jordán de Santander. Queremos concretar unha proba ao remate da temporada…», cheguei a soltar, por exemplo.
Algún picaba sempre! Desde a parte de atrás do autobús pasaron moitas cousas. Pero agora toca mandarlle un abrazo a Gustavo, un grande.
Rubén Álvarez Antas. O creador das caneleiras Cabreiroá, exxogador de Becerreá e Milagrosa