Esta anécdota marcoume bastante. Pasaría hai uns dez anos. Estaba eu nun equipo da comarca de Lemos na Primeira Galicia. Xa sabedes que sempre hai catro ou cinco desprazamentos á costa. E, na medida do posible, téntanse evitar. Dúas horas de viaxe, comer fóra… E era Primeira Autonómica e todos xogamos por amor á arte, como quen dice…
Pois ben, tiñamos que ir a xogar a Alfoz. O guion segundo o previsto: quintas amarillas, lesións que aparecían da nada… Chegamos á hora de saída do bus e eramos dez xogadores. Supostamente eramos doce, pero alí estabamos dez.
Comentamos entre nós que era unha auténtica salvaxada meterse ese tute de viaxe para xogar desganado con un menos todo o partido. Así que falamos coa directiva e opuxémonos a ir. A única solución posible: buscar o adiamento. Pero tiña que ser algo grave para que se puidese aprazar.
Barallamos posibilidades e chegamos á conclusión de que o noso bus se averiou de camiño a Alfoz. Resultou crible. E o partido quedou para a fin de semana de Semana Santa. Outro problema. Ademais das vacacións, Feira Medieval en Monforte.
Voltamos á mesma situación: lesións que aparecen da nada, sancións por acumulación de tarxetas. Pero ese domingo estabamos once polo menos. Viaxamos e xogamos. Iso si, o destino estaba claro: derrota e 3-0 xa na primeira media hora. Quedamos aí cun home menos… E dos dez xogadores, dous eran porteiros. Un estaba baixo paus e o outro, de dianteiro. Todo estaba destinado a sufrir tal humillación.
Diego Arias Rodríguez. Xogador do Lemos, talento puro. Dos que non se borran