#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O anecdotario: Ausente na charla, por Criss.

Era a tempada 13/14. Quedáramos campións do grupo norte de Preferente e tiñamos que xogar contra o campión do grupo sur, o Ribadumia.

O día anterior xogáramos partido de Copa en Escairón. Entón decidimos uns cantos do equipo ir xa o sábado ‘concentrarnos’ a Pontevedra. Aquel 24 de maio fumos ver o partido de Champions que acabou co ben sabido gol de Ramos no desconto. O gran Carri dixera: «Como gañe o Madrid vaia festa vamos facer…».

Parte da escena do crime

Curiosamente foi o único que ao acabar o partido se foi deitar. Os demais fumos dar unha voltiña e cando nos demos conta era de día. Fomos para o hotel e pouco tempo máis tivemos que para unha duchiña e para ir a Cambados comer. Nada de pasta, comimos ben con postre caseiro e demais…

Acabamos e para o campo, alí xa nos veu o míster e xa dixo: “Uuuy vou ter que poñer o globo a ver como está o tema… Logo na charla do único que me dou conta é de escoitalo dicir: “Teñen un xogador ‘negro’ de pel que vai de puta madre de cabeza, moito ollo que vai moi ben”. Empeza o partido. Botamos cinco minutos sen tocar o balón. E a primeira vez que o tocamos, córner en contra. Lanzan o córner e plas, testarazo do tipo. Deulle un ‘ostiazo’ coa cabeza máis forte do que lle podería dar eu co pé naqueles momentos.



Eu, que quedara arriba no córner, miro para o banquiño e xa vexo alí ao míster xesticulando: “Non volo dixen? Non volo dixen? Estábades avisados!». E mirando para o resto dos compañeiros que estaban no banquiño: “Vai ou non vai ben de cabeza?». Naquel momento pensei, todo o ben que o pasáramos a noite anterior vamos sufrilo agora no campo… No minuto 80 xa non me aguantaba de pé e vendo que estaba quentando o que durmeu toda a noite pedín o cambio, era o turno de Carri. A día de hoxe sigo pensándome como ‘carallo’ fomos capaces de levantar aquel partido e acabar ganando 2 a 5.

Os adestradores pasan moito tempo preparando as sesións de adestramento e os partidos. Dirixido a eses xogadores que están ausentes nas charlas prepartido, fagamos caso ás charlas.

Cristopher Díaz Linares ‘Criss’. Sinónimo de gol, dianteiro do Ribadeo



O anecdotario: Ausente na charla, por Criss.

O partido en imaxes: Polvorín- UD Somozas

O anecdotario: Ausente na charla, por Criss.

O Racing Vilalbés gaña en Santa Isabel,

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *