
Remontémonos a un domingo calquera. Unha xornada máis na Preferente Galicia Norte. Viaxábamos ao campo do San Tirso, creo recordar. O Foz acudía ao encontro con todos os seus xogadores en plenas condicións para competir. Ou iso aparentaba.
Quecemento sen complicacións ao igual que os primeiros minutos. Pero, amigos meus… Chegamos ao minuto quince, aproximadamente… De súpeto, vimos que se preparaba un cambio no noso banco. E un dos nosos xogadores saía do campo antes de tempo. Non desvelaremos a súa identidade por imaxe, honra e esas cousas.
Disputamos o que quedou de encontro. E ao remate a pregunta era obrigada. Cal era o motivo do cambio? Serían molestias musculares ou consecuencias derivadas da xa famosa «gastroenterite»? Iso si, todo perfectamente disimulado, xa que ninguén se enterou do que acontecera. De tódolos xeitos, non creo que ao míster lle fixera moita graza gastar un cambio ao cuarto de hora por estas circunstancias…

