#Anecdotario #Segunda Futgal

O anecdotario: «As caneleiras Cabreiroá», por Nico

Temporada 2017-2018. Eu era adestrador do Becerreá e decidira fichar ao meu bo amigo Rubén Álvarez ‘Tuti’. Non só pola súa calidade como xogador senón tamén polo que aporta nun vestiario.

Nico, adestrador do Fonsagrada

Rubén tiña o costume de xogar con cartóns ou ‘esponjillas’ en vez de caneleiras. Dicía que lle molestaban moito. Así que, esa campaña, fixo dous cartonciños para facer a función protectora. Debuxoulles o símbolo de Nike e mesmo as levaba nunha funda orixinal desta marca. Imaxinada as risas que supoñía o feito de sacar dous cartonciños do medio dunha funda xigantesca.

El era un desastre á hora de levar o seu material aos partidos. Sempre olvidaba algo: pantalón, medias… Un día olvidou as caneleiras. Saiu a xogar sen os seus cartóns. Ata que o colexiado se decatou:

» ‘Cinco’, as súas caneleiras?»



– «Lévoas postas!«

O colexiado tocoulle cun bolígrafo o xeonllo e respostou:

– «Estame vostede vacilando?«



Álvarez disculpouse co árbitro e pediulle que o agardase, que ía por elas aos vestiarios. Colleu unhas do vestiario e xogou así a primeira parte. Voltamos do descanso e, de súpeto, atopámonos coa papeleira volteada no medio do vestiario. Con todo o que podades imaxinar tirado: papeis, botellas, cintas…

O Becerreá celebra un gol no Municipal

Eu preguntei que cara… pasaba aí! Mirei para Álvarez, sabendo que el baixara ao vestiario xusto antes de saír a xogar a segunda parte. A resposta foi espectacular:

– «Nico, síntocho moito. Tiven que cambiar as Nike por dous cartonciños de Cabreiroá. Agora patrocíname Cabreiroá».

Enseñounos as súas novas caneleiras, dous cartóns da marca da auga que lle fixeron a vez de ‘espinilleras’. Sorte que íamos gañando ao descanso e todo quedou nunhas risas e nesta bonita anécdota.

Nicolás Longhini Scarano. Adestrador do Fonsagrada, técnico contrastado na Montaña



O anecdotario: «As caneleiras Cabreiroá», por Nico

O partido Fisioterapia Ronda . . .

O anecdotario: «As caneleiras Cabreiroá», por Nico

O Viveiro acada o primeiro triunfo e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *