A pasada fin de semana non será precisamente recordada. Aos adiamentos dos partidos do PM Friol A e B e Antas, hai que engadirlle o feito de que non se conseguiu un só punto na Primeira Galega. De feito, nin un gol.
O Lugo foi o noso único representante nesta Primeira galega. E caeu pola mínima na súa visita ao Victoria B. As rapazas de Joaquín asinaron un dos peores partidos da temporada, con moitas imprecisións e dificultades no inicio de xogo. E crearon moi poucas ocasións. As locais aproveitaron un erro branquivermello para facer o único e definitivo gol pasada a hora de xogo.
Resultados da xornada:
Victoria B 1-0 Lugo
Milagrosa 9-1 San Roque
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
EF Lalín 1-2 Carballedo
Chantada 0-0 Santiso
Monte Forte 1-1 Bandeira
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Un derbi sen historia e unha única derrota na segunda
A Milagrosa impuxo a lóxica no derbi capitalino e goleou a un San Roque que segue mellorando pouquiño a pouco. O 6-0 ao descanso propiciou unha segunda metade plácida que serviu para completar o póker de goles de Ainara, que esta vez lle quitou o papel de protagonista ofensivo a Leire. Aínda así, a pichichi branquivermella sumou dous goles máis á súa conta particular.
Pola súa parte, o Carballedo logrou un triunfo tan importante como traballado. As do Catro Ventos foron mellores en todo momento. Adiantáronse nunha primeira parte que perdonaron outras dúas ocasións moi claras e tiveron un gol anulado. Na reanudación, o único fallo en zona defensivo rematou no empate do EF Lalín. Aínda así, o Carballedo tirou de casta para levar os tres puntos no minuto 84 cun tanto de Ana Lamas.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/01/CHANTADA-FEM-EQUIPO-edited-1.jpg)
E o resto da xornada rematou en empates. O Monte Forte volveu aos terreos de xogo nun deses días nos que a superioridade queda nun segundo plano xa que o balón non quixo entrar. O Bandeira adiantouse nunha acción fortuita e Cheni salvou un punto no tramo final cun auténtico golazo.
Por último, o Chantada igualou na casa ante o líder. Un punto tan valioso como agridoce. As de Álex Cambeiro rexistraron un encontro moi completo e no que o potente Santiso non tirou a porta durante os noventa minutos. As do Sangoñedo desperdiciaron ata tres mans a man e o 0-0 non se moveu. A Comercial descansou esta xornada.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/01/Presentacion-FIL-4.jpg)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)