O PM Friol colleitou un traballado triunfo a domicilio. O Victoria FC demostrou moito máis fútbol do que demostra a súa clasificación e desperdiciou un par de boas oportunidades na primeira media hora. A partires de aí, emerxeu a figura de Nerea Lombardero. A capitá, cun auténtico golazo, puxo as cousas de cara para o cadro de Covi. Na reanudación, co terreo de xogo cheo de auga, o PM Friol optou por un xogo máis práctico. Á locais non lles quedou outra que arriscar. Pero foron as visitantes as que acabaron marcando. E, por ende, sentenciando.
Pola súa parte, o filial da Reigosa viviu unha xornada para olvidar ante O Val. Antes dos vinte minutos de xogo, xa perdía por 3-0. As rapazas de Diego Vivero foron superadas en todos os aspectos do xogo neste duelo adiado da xornada 13.
RESULTADOS DA XORNADA
Victoria FC 1-2 PM Friol
O Val 6-2 PM Friol B


Carballedo 1-2 Monte Forte
San Roque 0-6 Comercial
Touro 0-4 Chantada

Na Segunda, só se perde nos derbis

As únicas derrotas nesta categoría chegaron nos duelos de rivalidade comarcal. O Monte Forte remontou o tempraneiro gol do Carballedo nun partido marcado pola igualdade e a falta de ocasións. De feito, os tres tantos chegaron en erros de ambas porteiras. As monfortinas seguen á caza dun Santiso que non falla.
No outro derbi da xornada, a Comercial sobrepúxose a importantes ausencias para golear a un San Roque que non deixa de crecer. De feito, as de Quiroga marcháronse ao descanso cun 0-3 en contra por dous erros defensivos. Un par de fallos que empañaron unha boa primeira metade verdibranca. Xiana asinou un dobrete para a Comercial.
Por último, o Chantada mantense na terceira praza despois de golear ao Touro. O duelo púxose de cara co gol inicial de Laura Carnero. A partir de aí, as de Álex Cambeiro dominaron e fóronse 0-3 ao descanso. Na segunda parte, redondearon a goleada. Por certo, Laura Carnero rubricou dous tantos. A Milagrosa descansou nesta data.
