A Real Federación Galega de Fútbol comunicou de xeito oficial o retorno do fútbol rexional e a decisión e os protocolos desta volta á competición non deixou indiferente a ninguén. Os conxuntos da Primeira Autonómica lucense rexeitaron na súa maioría esta proposta do máximo ente futbolístico galego e asumen un «castigo» en forma de descenso antes de poñer en risco a saúde dos seus.
Na Preferente, que tal e como indicou a federación dará comezo o día 24 de xaneiro, non se constata unha negativa xeralizada, pero si moitas dúbidas nos conxuntos lucenses que formarán un único grupo de competición.
Falamos con todos eles, e estes son as súas impresións:
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Óscar López (Club Lemos): Aínda non temos tomada unha decisión clara. Farémolo ao longo da próxima semana. A Federación publicou uns protocolos que non están nada claros, sobre todo en canto á financiacións dos tests e do persoal sanitario. É un coste moi alto para un clube como o noso, sobre todo si non podemos meter público na Pinguela. Ademáis, coa situación económica da hostelería, tampouco nos poderá aportar moito en publicidade. En último caso serán os socios quen decidan se comezamos ou non. Os adestramentos non comezaron, e a verdade é que según o protocolo tampouco poderían, xa que os test aínda non nos chegaron e as fichas aínda non estiveron dispoñibles ata onte (día 22).
Antonio Gómez (SD Residencia): O próximo luns temos prantexada unha reunión cos xogadores para decidir a nosa postura. Polo momento non o temos claro, e polo tanto, aínda non comezamos a adestrar.
Javi Chinchón (CD Foz): Non sabemos se imos comezar, terán que aínda confirmar o calendario e os equipos, aínda que parece que seremos os da provincia de Lugo. Creo que é algo prematura esta data para botar a andar a temporada. A miña opinión é que se debería agarda á temporada que vén. O vindeiro luns comezamos a adestrar, en grupos e sen contacto.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Dani Moirón (SD Santaballés): Comezaremos cando a Federación indique, que fixou a data no 24 de xaneiro de 2021. É unha situación delicada. Tivemos unha reunión directiva, corpo técnico e xogadores para avaliar a situación e decidiuse participar. Tódalas posturas son respetables nun momento como este. Nós primando a seguridade de todos e gracias ao esforzo do club faremos test tódalas semanas. Comezamos a adestrar o pasado luns sen contacto, hoxe (polo mércores dia 23) facemos os test e adestramos sen contacto porque teñen que pasar 48-72 horas desde o test ata o primeiro adestramento con contacto. A partir de ahí, se todo vai ben, adestraremos con normalidade.
Pedro Posada (Ribadeo): A decisión da directiva é comezar na data establecida pola Federación. Temos que consensualo aínda a vindeira semana co corpo técnico e os xogadores, pero a decisión é comezar, xa que de non facelo, estaríamos abocados ao descenso. Polo momento non comezamos a adestrar, a intención é facelo no novo ano e unha vez celebrado o Enma Cuervo, que será o 30 de decembro.
Manolo Sangil (SD Sarriana): Non o temos claro. Dependerá de cómo evolucione a pandemia e dos equipos que se inscriban. Se a situación mellora vexo ven o comezo, pero se isto empeora debérase parar a competición, sen público sería ruinoso. Comezamos os adestramentos o luns.
Javi Montoto (Atlético Escairón): Polo momento non o sei, estamos á espera do que diga a directiva e a Federación. Para min non ten sentido comezar na situación actual. A inseguridade non remata ao facer tests. Polo momento aínda non sabemos cando comezamos a adestrar.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)