Botas ou zapas. Carreiras de fondo ou fintas. Herba ou parqué. Fútbol campo ou fútbol sala. E se cambiámola conxunción “ou” por un “e”?. Compatibilizar era o verbo preferido nos últimos anos por Carmen Ceide Villar ‘Mini’ (18-05-1995, Lugo). Un dos varios exemplos existentes na provincia de Lugo desa relación tan estreita entre practicar o fútbol campo e o fútbol sala. A futbolista lucense decidiu escoller neste curso diferente. Elixiu quedar con quen aínda non sabe se vai comezar. Mini puxo fin a catro anos no PM Friol. E inicia etapa no Ribeira Lieders FS. O equipo aposta polo futsal fem quedando coa estrutura do Lieders que acababa de ascender á Primeira Atuonómica.
Futbolinlugo: Por que decides parar a túa traxectoria no fútbol campo?
Mini: Levaba moitos anos compatibilizando o fútbol campo e o sala. Este curso era case imposible estar no Friol en Reto Iberdrola e co Ribeira en Autonómica. Entre iso e as sensacións do último ano tomei a decisión. Non foi a miña mellor tempada en Friol. Non me atopaba ben. Non ía aos adestramentos de mala gana, pero si que me faltaba algo. En cambio, en sala pasábao mellor. Guieime por iso.
Fil: Insitiron dende o Friol?
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Mini: Déronme un tempo…Geluco díxome que o pensara que el estaba encantado de poder contar comigo. Pero valoreino e díxenlle que non seguía.
Fil: A tempada pasada foi moi distinta ás anteriores?
Mini: Máis viaxes, enfrentámonos a equipos con “nome”,… Estar nun equipo dunha vila e xogar contra o Barça B ou o Atleti B emociona e dáche máis ganas de querer xoar. Tamén é duro adestrar máis. Pasas máis tempo dedicada ao fútbol. Iso é complicado se estudas ou estás traballando.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
«Ao Friol fáltalle estabilidade»
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2020/11/MINI-PMFRIOLA-scaled.jpg)
Fil: Como valoras o curso anterior do PM Friol?
Mini: Penso que xogamos bos partidos e competimos todos. É certo que en canto a orzamento e a capacidades o Friol quédase un pouco curto comparado co resto de formacións. Aínda así, tiñamos un equipo decente para competir.
Fil: En que medida inflúen os cambios na dirección e de compañeiras?
Mini: Eses cambios afectan en canto a maneira de adestrar e de xogar. Un equipo necesita estabilidade. É o que lle falta ao Friol. Volver empezar de cero un equipo, conseguir entenderse no campo, falo un ano e telo que facer ao seguinte, é difícil. Pero si que entendo que Friol é un sitio con poucas xogadoras. Haise que ir a Lugo, a zona da Coruña ou fóra.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
Fil: A nivel persoal, con que te quedas da túa estadía na Reigosa?
Mini: Valorando todos os anos estivo ben. Fixemos grandes partidos. Sempre acabamos tirando cara arriba. De todos os anos que xoguei, quédome co primeiro. Por sela novidade. E tamén o ano que fixemos o convenio co CD Lugo. Por ter como adestrador a Josito Jul. A pesar de que as veces non estaba moi de acordo con el, aprendín bastante.
«Os primeiros anos dáballe prioridade ao fútbol campo»
Fil: Quédaste co fútbol sala ou co campo?
Mini: Levo moito anos compatibilizando. Dependendo da campaña tirábame un máis ca o outro. Gústanme moito ambos. Os primeiros anos si que lle daba máis prioridade ao fútbol campo.
Fil: Dan facilidades os equipos para compatibilizar?
Mini: En xeral a maioría das veces si. Por exemplo, no Friol deixábanme estando o equipo en Segunda. Cando o normal sería que me dedicara só a iso. Aínda que este último ano foi case imposible compaxinar os dous equipos. Entre tantos adestramentos a campo, os partidos fóra da casa que quitaban toda a finde,… A fútbol sala pouco xoguei.
Fil: A diferenza é tanta?
Mini: Son totalmente diferentes. O fútbol sala é mais rapido, máis intenso e tes que pensar a máis velocidade. Necesitas máis calidade en canto a espazos pequenos. En fútbol campo quizais consista saber máis como colocarse e saber onde están os espazos.
Fil: Aconsellas compatibilizar as dúas disciplinas?
Mini: Se se pode, eu penso que si. Cada un apórtache algo. As cousas que aprendes en sala non as aprendes en campo e viceversa. Todo o que podas compatibilizar é bo. Sempre e cando leves ben o adestramentos e a carga física. Cumprindo iso, un aporta ao outro.
Fil: Este é un adeus definitivo ao fútbol campo?
Mini: Non o sei. Este ano quero estar en fútbol sala. Pero nunca pecho a posibilidade xogar porque gústame e levo xogando moitos anos. Se teño a posibilidade, por que non? Agora estou centrada no proxecto do Ribeira. Apostaron moito sen saber moito de nós. Ogallá teñamos a oporunidade de empezar a liga porque vai ser bonito.
«Sempre fun a única nena no equipo do cole»
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2019/07/DSC_0051.jpg)
Fil: Novos equipos, outros tamén desaparecen. Como ves a situación do fútbol feminino lucense?
Mini: Penso que cada vez se avanza máis. Cada vez hai máis nenas que se interesan por xogar, equipos que apostan por conxuntos femininos e por ter nenas na base.
Fil: Cambia moito a como foi a túa experiencia?
Mini: Sempre fun a única nena no equipo do cole. A campo emepecei xogando cos nenos no Altético Muralla. Ía con dúas ou tres compañeiras máis. Non había o que hai hoxe. Eran normalmente todos equipos de nenos. Sobre todo os pais mirábante algo raro. Agora avanzamos. Hai que ter claro que dá igual que sexas neno ou nena; podes xogar!