#Con F de Futbolista #Feminino #Fútbol afeccionado

Milagrosa e Monte Forte gañan cun festival de goles

O CD Lugo soñou por un momento coa vitoria ante o líder, o todopoderoso Olímpico de León. As luguesas adiantáronse cun gol no minuto 1, nada máis comezar un partido no que querían xogarlle de ti a ti ás líderes. Porén, as leonesas fixeron valer a súa posición de líderes e déronlle a volta ao partido con 5 goles para rematar cun 1-5 no marcador.

Once inicial do CD Lugo no partido ante o líder. Foto cedida

O Olímpico de León fixo valer a velocidade das súas xogadoras en ataque para facer trizas a un Lugo que na primeira parte se viu abrumado pola calidade e capacidade das leonesas.

Xa na volta dos vestiarios as luguesas xogaron máis ordenadas, cunha defensa moito máis sólida, o que deu paso a un partido máis ordenado, pero cun resultado tan abultado a sentenza xa estaba ditada e o asubío final do árbitro chegou simplemente para asegurar algo que non tiña pinta de mudar dende máis da metade do partido.

Empate para o PM Friol… e grazas

Partido sen goles, 0 – 0 e resultado co que o PM Friol pode darse por satisfeito dadas as casuísticas. O campo da Bovedana é un terreo canto menos difícil, campo natural que non está nas mellores condicións, que dificulta o fútbol, e moito máis cun xogo combinativo coma o que pretende facer o equipo friolés.



Para as friolés o resultado é xusto xa que nin sequera as xogadoras do Bovedana, acostumadas ao seu campo, podían xogar a algo máis que balóns en longo e xogadas bastante desordenadas.

Un partido no que todas as xogadoras do PM Friol se implicaron, pero que por cuestións alleas a elas, non puideron facer máis.

Derrota para o filial do PM Friol

Aínda que foi un partido igualado o PM Friol B non puido impoñerse na casa ante o Dumbría. Dous equipos semellantes, con moita calidade arriba e xogadoras diferenciais.



Porén, no apartado físico claramente gañan as visitantes e foi precisamente iso o que rematou por decantar un partido bastante parello que rematou por decantarse cara un ou outro lado polo acerto de cara a portería, no que as friolesas non tiveron sorte. As xogadoras visitantes gozaron de dúas xogadas e convertíronas en gol as dúas, un acerto letal para as friolesas. Resultado final, 1-2.

Porén, a actitude e sensacións do equipo dirixido por Quiroga son boas, as xogadoras seguirán traballando, en formación e dende xa a pensar no próximo encontro.

O CD Lugo B gaña: 1-2 ante o Brexo Lema

A incomparecencia do filial lugués ata prácticamente o descanso case condena ao CD Lugo B, que finalmente espertou para gañar o encontro. Foi neses minutos iniciais de dúbidas cando o Brexo Lema aproveitou un roubo no medio campo para marcar o primeiro gol. A porteira luguesa, Iyore, ocupouse de atallar outras dúas ocasións claras e evitar que a diferenza fora maior.

Once inicial do CD Lugo B. Foto cedida

Xa na segunda parte as xogadoras do CD Lugo B saíron mellor, máis concentradas e gozando de oportunidades que, de ter acerto, faríanlle ter gañado o partido por unha vantaxe moito máis ampla. Porén, o resultado final 1-2 dá 3 puntos necesarios e valiosos para as luguesas, agora, baixo os mandos de Iria Rey, que colle as rendas do filial do club da cidade da muralla.

Empate no Castro Seoane para unha SD Antas que non fai máis que sumar

Non é de tres en tres pero segue sumando. A SD Antas segue amosando o seu bo estado de forma esta tempada sacando outro valioso punto ante o CD Valladares cun 1-1 final no luminoso.



Porén, o empate é un resultado agrio para un equipo que tivo os 3 puntos na man ata os minutos finais. Unha moi boa primeira parte de Jenny puxo á SD Antas por diante no marcador grazas a un bo disparo dende a frontal da área.

Xa na segunda parte, un fútbol moi parado e con moitas interrupcións e faltas que remataron por provocar nunha perda de balón o gol cómodo do CD Valladares para empatar o partido.

A SD Chantada, equipo do mesmo grupo, descansou esta fin de semana.

A SD Milagrosa golea ao Resmón a domicilio

1-5 final para as adestradas por Felipe, que non deron opción en ningún momento ás rivais.

Aldara Paredes abriu o marcador no primeiro minuto e xa no 30′ Daniela Castro uniuse á festa goleadora na que outra que se divertiu moito e deleitou coa súa calidade foi Lucía Martínez, que anotaría un doblete. Xa co 0-4 e o partido sentenciado anotou o Resmón por medio de Vanessa Maroñas o gol que maquillaría o resultado, pero Santacatalina devolveu o golpe co quinto e definitivo gol da Milagrosa no 78′.

Xogadoras do Monte Forte tralo partido. Foto cedida.

O Monte Forte golea á SD Dubra

Partido dominado dende o inicio no que as xogadoras do Monte Forte dende o inicio tentaron deixalo resolto. Xa na segunda parte tentaron facer xogadas máis elaboradas, con máis balón, pero o gol non chegou.

Aínda así, os goles de Carla Vázquez, Noa da Rocha (2) e Nerea Pereiro na primeira parte abondaron para unha fonda vitoria da ADC Monte Forte.

Empate sen goles entre a SD San Lázaro e o Carballedo

Partido moi igualado no que ambos equipos despregaron bo xogo e con ocasións para adiantarse para ambas.

Xogadoras do Carballedo. Foto: Rober Carreira

Un partido divertido, digno de ver para os afeccionados con dous equipos moi sólidos en defensa e xogando con cabeza. Ambos fixeron o seu partido, o Carballedo agardando en defensa para saír á contra e o San Lázaro apostando máis polo xogo de ataque e combinativo. Ambos estiveron acertados e por iso mesmo ningún dos dous conseguiu superar ó rival e facerse co partido.

Xogadoras do San Lázaro. Foto: Rober Carreira

No que os dous equipos se superaron foi no da deportividade, un partido moi limpo e cunha gran relación entre ambos equipos.

Dura derrota para a Comercial

Logo dunha primeira boa parte onde a pesares das baixas as xogadoras de Vicky saíroon convencidas de ir a polos tres puntos.

Así se adiantaron no partido e conseguiron chegar ó tempo de descanso cun empate a 1 no luminoso. Porén, na segunda parte pasou factura o cansanzo das xogadoras e as molestias que arrastraban vairas delas e así chegaron os catro goles o Órdenes que sentenciaban o partido.

Once inicial da Comercial. Foto cedida

Porén, a pesar diso o equipo non se rendiu e amosou a súa mellor cara ante as adversidades.

Milagrosa e Monte Forte gañan cun festival de goles

10 xornadas da man dos Máxicos

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *