#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 17

portada maxicos

Os máxicos seguen a definir obxectivos nesta 21/22. A falta dunha xornada por disputarse, xa hai varios equipos clasificados matemáticamente para a fase de ascenso, e outros que loitarán por eludir o descenso. De momento, a cousa queda así:

Fase de ascenso: Portomarín, SD Chantada, Taboada, Chantada Atlético, Castro, Pol, Riotorto.

Fase de descenso: Folgueiro, Alfoz, Sporting Pontenova, Pastoricense, Lourenzá, Friol, Guntín, San Roque, San Lázaro, Outeiro de Rei, Monterroso.

Tan só restan por definirse as posicións de cada un destes conxuntos e unha praza máis na fase de ascenso que será para o Xove Lago ou para o Burela en función do seu rendemento na última xornada, aínda que son os xovenses os que dependen de si mesmos.



San Roque 1-2 Taboada: o Taboada asegurou a súa participación na fase de ascenso logo de vencer na Polvoreira ao San Roque nun choque moi igualado no que os locais se adiantaron por medio dun penalti, pero o Taboada logrou o empate pouco despois tras un barullo na área. No segundo tempo as imprecisións foron as protagonistas, pero tras a expulsión do local Iago Alonso o Taboada deu un paso adiante e acadou o gol da victoria por medio de Gabri nunha acción na que o San Roque pediu fóra de xogo.

Xove Lago 2-1 Folgueiro: o Folgueiro tivo o dominio do balón ao longo do primeiro tempo, aínda que pecou de falta de profundidade. No segundo tempo a tónica foi similar. Un Xove especulativo viu como Aurelio adiantaba aos visitantes no 65′, pero dous minutos despois os locais conseguiron o 1-1. Co empate, o Xove volcouse e deixou espazos que puido aproveitar un Folgueiro que non concretou. A falta de cinco minutos, a efectividade local supuxo o 2-1 e permite ao Xove depender de si mesmo de cara á ultima xornada da primeira fase.

Outeiro de Rei 0-0 SD Chantada: partido no que a SD asegurou tamén a súa presencia na fase de ascenso, pero no que o 0-0 non fai xustiza ao visto sobre o campo. O Outeiro foi melon no primeiro tempo, aínda que ambos conxuntos gozaron de ocasións para anotar. Nada máis comezar a segunda metade, os visitantes dispuxeron dun penalti que detivo o gardamallas local, Carlos, e na recta final do choque o Outeiro tivo un par de ocasións que puideron supoñer os tres puntos, pero que non remataron en gol.



Sporting Pontenova 1-2 Riotorto: os locais adiantáronse cun gol nada máis sacaron de medio, pero o Riotorto foi capaz de ter o dominio da primeira parte por medio de balóns largos, e tras un centro lateral que rematou en penalti a prol dos visitantes, Pablo Vivero puxo a igualada. No segundo tempo o Sporting foi mellor e logrou meter ao Riotorto no seu campo, pero sería de novo Pablo Vivero o que desequilibrase a contenda cun lanzamento de falta. Tras o 1-2, os locais intentárono e protestaron dúas accións dentro da área visitante, pero o electrónico non se moveu.

Guntín 3-0 Friol: dominio absoluto do Guntín ante un Friol que apenas dominou o balón ao longo dos 90 minutos. Porén, foron os erros defensivos os que condenaron a un Friol que viu como na primeira parte recibiu dos tantos que os deixaron moi mermados. No segundo tempo sí melloraron os visitantes, pero o Guntín foi quen de pechar o encontro nun contragolpe que se traduciu no 3-0.

Lourenzá 1-1 Alfoz: unha parte para cada equipo en Santa Cruz. Os locais dominaron no primeiro tempo e conseguiron o 1-0 tras un erro defensivo do Alfoz. Na segunda metade mellorou o Alfoz ante un Lourenzá que se viu moi mermado fisicamente. O ímpetu visitante foi determinante na recta final, cando Sousa enviou o coiro ao fondo das mallas cun gran remate de cabeza e puxo así o definitivo 1-1 no electrónico.

Portomarín 2-1 Monterroso: o Portomarín converteuse no campión do Grupo Sur da Primeira grazas a unha primeira media hora na que anotou dos goles que, ao mesmo tempo, condenaron ao Monterroso. Fernandito fixo os dous goles miñotos. No segundo tempo mellorou o cadro visitante, que se meteu de cheo no partido por medio dun gran gol de Lorenzo, pero os esforzos dos de Cerdeiriños non foron suficiente e non sacaron nada positivo do Chao da Poza. O Monterroso, ademais, decidiu este martes prescindir dos servizos do seu técnico Diego Díaz.

Castro 0-3 Pol: primeira derrota do Castro este ano ante un Pol que aínda ten opcións de ser campión do Grupo Norte, se o Castro erra na última xornada e eles consiguen a victoria. A igualdade e o alto ritmo foron a tónica dominante do choque, pero un penalti transformado por Leandro no comezo da segunda parte rompeu a igualada. Desde o 0-1, o Castro abriuse moito e deixou espazos que foron aproveitados polos visitantes para sentenciar a contenda e sacar tres puntos de ouro do Arturo Pereiro.



Chantada Atlético 3-1 San Lázaro: o Chantada Atlético sacou tres puntos importantísimos o sábado pola tarde no Sangoñedo. Puxéronse as cousas de cara para os locais no primeiro tempo, cando anotaron dos goles ao aproveitar as ocasións que tiveron na primeira metade. Cadenas recurtou distancias á volta dos vestiarios cun bo remate de cabeza, pero de novo os locais apretaron e conseguiron o definitivo 3-1 que lles permite estar matematicamente na fase de ascenso.

Burela 4-1 Pastoricense: moita igualdade no primeiro tempo, pese a que os da Marosa conseguiron o 1-0. Tras o paso por vestiarios, un erro local na saída de balón converteuse no empate a un gol, pero o Burela apretou e conseguiu dous tantos moi seguidos que deixaron moi tocado ao Pastoricense. Finalmente, os locais pecharon o choque cun gol máis, 4-1, e o Burela loitará a última xornada por entrar na fase de ascenso.

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 17

O Lugo leva o derbi da Primeira

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *