A Covid segue a condicionar a actividade dos Máxicos neste comezo do 2022. Porén, esta semana tivemos seis partidos correspondentes á Primeira Galicia, un máis que fai sete días.
Taboada 3-3 Portomarín: choque de titáns na Medela, no foron mellores ao comezo os locais, que conseguiron chegar cun 2-0 ao descanso. Porén, en 25 minutos, o Portomarín deulle a volta ao marcador (2-3). O Taboada foi quen de reaccionar e conseguiu o empate grazas a un tanto de penalti de Gabri, que foi moi protestado e deixou moi descontentos aos miñotos.
Folgueiro 3-4 Castro: tolemia no Vicedo. Comezaron mellor os locais e anotaron o 1-0, pero o Castro empatou antes do descanso. No segundo tempo volveu adiantarse o Folgueiro, pero o Castro apretou na recta final e conseguiu o 2-2 no 88′. Un minuto máis tarde, os locais conseguiron un 3-2 que lles concedía a victoria momentánea, pero tras dúas accións na área local, o Castro igualou a contenda (3-3) e deulle á volta (3-4′) entre o 90′ e o 94′. Cruel desenlace para un combativo Folgueiro.

Burela 0-0 Lourenzá: partido feo na Marosa na que destacaron as defensas de ambos conxuntos. O Lourenzá propuxo algo máis con balón, pero o Burela tamén levou perigo con algunha transición. A nota negativa, especialmente para o Lourenzá, foi a grave lesión de Paulo, que estaba sendo o mellor e ao que lle mandamos unha aperta e desexamos unha pronta recuperación.


Guntín 1-2 Chantada Atlético: púxose de cara o partido para o Guntín tras un penalti e expulsión ao seu prol no minuto 3′, que ademais se traduciu no 1-0. Pero o Chantada Atlético espertou e remontou na primeira metade, logo de dous erros defensivos dos locais. No segundo tempo, o Guntín buscou e mereceu o empate, pero o Chantada resistiuse e levou tres puntos de ouro para o Sangoñedo.

Monterroso 0-1 San Roque: o San Roque conseguiu a súa primeira victoria fóra da case ante un Monterroso sen ideas que non soubo xestionar a expulsión do seu gardamallas no minuto 30′. Pese a igualarse as forzas, coa expulsión de Nacho Carbonell (San Roque), os locais non foron quen de xerar e Elian conseguiu o 0-1 que sería definitivo. Tras outra acción polémica, o Monterroso sufriu unha nova expulsión que se sumou á do porteiro e á do seu técnico, polo que o cadro vermello saíu moi descontento dos Chacotes.
Pastoricense 3-1 Sporting Pontenova: foi superior o Pastoricense ante un Sporting que chegou moi mermado pola Covid, con 6 baixas e tan só 11 futbolistas disponibles. Os locais fixeron un partido moi sobrio, sacaron partido do balón parado e conseguiron poñerse 2-0. Porén, os visitantes intentárono e recurtaron diferenzas. Ademais, o Pastoricense quedou cun home menos e o Pontenova puido igualar a contenda. Na recta final, os do Acebreiro sentenciaron á saída dun córner.


Foron adiados dous choques do grupo sur (SD Chantada – Friol e San Lázaro – Outeiro de Rei) e dous encontros do grupo norte (Pol – Xove Lago e Alfoz – Riotorto).
