A zona de descenso dos Máxicos ponse quente

Os Máxicos de Salvatierra Abogados continúan competindo na procura dos obxectivos. Burela, Castro e Residencia manteñene a súa particular pelexa, mentres que a loita por evitar o descenso mantense endiablada.

Víronse moitos goles nesta edición dos Máxicos Salvatierra

A Milagrosa enciaxa tres goles por parte na súa visita a Domaio (6-2). A viaxe pasou factura a un cadro albivermello que perdía por 3-0 no minuto 28′. Porén, a reacción dos de Madriles non se fixo de rogar e, ao comezo do segundo tempo, o resultado era de 3-2 logo dos goles de Bruno e Marco. Porén, non estiveron atinados os lucenses na fase defensiva, encaixaron o 4-2 pouco despois e, xa na recta final, viron como o Domaio sentenciaba con dous goles máis que pecharon o resultado.

O Racing Villalbés ‘B’ cae diante dun Lourenzá que aproveitou o seu momento (0-1). O «Atleti» adaptouse ben ao feudo do Racing e levou o partido ao seu xogo na primeira media hora, froito do cal chegou o gol de Pichi para adiantar aos seus nun rexeite logo dun disparo de falta directa. Desde o 0-1, os Máxicos chairegos medraron no seu xogo e comezaron a inquedar a meta do ex-racinguista Clemente. Porén, o cadro de Iván Lamas non está a pasar por unha boa dinámica e a falta de efectividade, unida á boa defensa dos visitantes na recta final do choque, levaron tres puntos de ouro cara a Santa Cruz na matinal do domingo.

A Residencia supera ao Guntín nun duelo igualado no primeiro tempo (5-0). Malia que o exercicio defensivo do Guntín freou os ataques dos Máxicos branquiazius ata o minuto 35′, cando chegou o 1-0 de Dani Renda, o gol de Pereira ao comezo do segundo tempo deu pé a unha goleada na que a Residencia mostrou a súa faceta máis goleadora —Chiqui, Borja e López— diante dun cadro laranxa que non lle perdeu a cara ao duelo, pero que se viu superado polo seu rival nos últimos 45′ minutos.



O Chantada Atlético convence ao superar ao Pastoricense (4-0). Un gol logo dun saque de esquina no primeiro minuto de xogo puxo o duelo de cara para os Máxicos de Corredoira, que anotaron o segundo logo dun despexe da zaga visitante e o terceiro cunha boa combinación en campo rival antes do descanso. O bo fútbol local foi freado no segundo tempo por un Pastoricense que procurou dar a volta á situación na segunda metade, pero un contragolpe pechou o choque a prol dos chantadinos, 4-0.

O Burela é superior en fútbol e goles ao Outeiro de Rei (3-0). O traballo defensivo dos visitantes valeulles para aguantar os ataques locais no primeiro tempo e, á volta dos vestiarios, Ily tivo nas súas botas o 0-1. Porén, foi o Burela o que mellorou en efectividade e anotou dous goles practicamente seguidos para poñer o choque de cara, ambos de Jairo Campo a placer. Co resultado adverso, os Máxicos chairegos deron un paso adiante, pero o Burela sentenciou co definitivo 3-0.

O Santaballés gaña diante dun San Lázaro que mellora o nivel competitivo (2-0). Vérez no 35′ e Play no 60′ deixaron os tres puntos na Liga nunha victoria traballada dos locais. Unha diagonal controlada por David e un posterior centro supuxo o 1-0 nunha primeira metade moi igualada e con poucas oportunidades, mentres que o 2-0 chegou nun balón ao espazo que non cortou a defensa visitante. Desde entón, os Máxicos chairegos dominaron e puideron anotar algún gol máis diante dun San Lázaro curto de xogadores.



O Oural cae diante dunha das revelacións do ano, o Foz (1-2). Aínda que os Máxicos mariñáns foron dominadores no comezo, as boas accións da zaga e o gardamallas local evitaron o gol en contra dun Oural que foi medrando a medida que pasaban os minutos. Xa na segunda metade, Yago aproveitou un balón na banda para recurtar e anotar pola escadra. Porén, o nivel físico do Foz mellorou cara aos intres finais: o empate chegou logo dun centro lateral e o definitivo 1-2 cun remate de Jorge no segundo pau logo dunha peinada.

máxicos

O Castro supera á SD Chantada nun dos duelos da xornada (3-2). O partido prometía emoción e non defraudou. O Castro comezou mellor e anotou o 1-0 nun saque de esquina, pero a SD Chantada aproveitou un roubo para empatar o choque antes do descanso. O comezo da segunda metade foi dominado polo Castro, que fixo dous goles para coller distancia no marcador.

O 2-1 chegou nun centro lateral e o 3-1 nunha boa deixada de Muíña para Álvaro. Antes do segundo gol local, porén, a SD Chantada anotara un tanto que foi anulado non fóra de xogo moi protestado. Os Máxicos de Traste non perderon a cara do partido e recurtaron diferenzas para apretar moito a recta final, pero o oficio defensivo dos de Dumi mantivo a renda do 3-2 e os puntos quedaron en Castro.

O Monterroso sae da mala dinámica a costa do Xove Lago (0-2). Os Máxicos vermellos souberon sufrir nun campo moi difícil e, logo de anotar Iago Sobrado mediada a primeira metade, fixeron un exercicio defensivo excelso para evitar que o Xove —un dos equipos máis en forma da competición— batise a meta visitante. Os mariñáns intentárono ao longo de todo o partido, pero os espectadores tan só viron o segundo gol da tarde nunha pena máxima a prol do Monterroso no tempo engadido, que pechou o choque diante dun Xove que xogou máis de vinte minutos cun xogador menos.

O Taboada vence ao Meira nun duelo de urxencias (2-1). O cadro local foi mellor no primeiro tempo, pero non tivo a sorte de cara e tan só anotaron un gol antes do descanso. Na reanudación, o Meira colleu o pulso do partido, que se igualou e ambos equipos gozaron de oportunidades illadas. Os Máxicos locais fixeron o 2-0 e, cando o choque xa parecía decidido, o Meira recurtou diferenzas e apretou moito nuns intres finais nos que estivo a piques de acadar o empate, pero o Taboada tirou de oficio e os puntos quedaron no «Canti».



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *