#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

Maxi Levrand (Sarriana): «O equipo está máis unido que nunca»

Maxi Levrand, central da Sarriana

A Sarriana terá este sábado ás 17:30 horas un encontro de gran trascendencia para a loita polo ascenso directo da Terceira RFEF ante o Estradense na Ribela. O conxunto que dirixe José Antonio Rodríguez entrou nunha boa xeira de resultados que consolidaron remontando nos últimos dez minutos ao Gran Peña no Municipal de Barreiro (1-3) onde tanto o ataque coma a defensa están a un gran nivel. O líder do aspecto defensivo do conxunto sarriao é o central arxentino Maxi Levrand, que na súa segunda tempada co equipo estase a consolidar coma un dos mellores centrais de toda a categoría grazas a súa contundencia e boa saída de balón.

Futbolinlugo: Como ves ao grupo despois da gran remontada ante o Gran Peña?

Maxi Levrand: Véxoo con moito ánimo. Plantexamos o encontro coma sempre e, inda que o primeiro gol dos vigueses foi un golpe para nós, levantámonos e démoslle a volta con moita fe. O encontro deunos un subidón de ánimo que xa continuaba o de anteriores xornadas. Cremos no noso xogo e en centrarnos en ir partido a partido.

FIL: A Sarriana esta tempada está logrando impresionar a través do voso gran xogo combinativo. Como ves o estilo que levades mantendo dende o comezo do ano?



ML: Xa dende que comezamos con Jaime Paz implementamos a idea de ser protagonistas co balón e dominar os encontros. O equipo madurou con esa forma de xogar e penso que nestas xornadas conseguimos ter esa claridade. Creo que somos o equipo que ten máis ganas de xogar ao fútbol tocando o balón por abaixo.

FIL: Como foi a entrada de José Antonio Rodríguez no vestiario?

ML: A verdade é que foi moi boa dende o comezo. Chegou un gran adestrador co que estamos moi contentos e logrou unha gran unión entre nós que nos pode levar a grandes cousas.



«Na Sarriana imos partido a partido»

FIL: Toda a idea de xogo leva a que de cara aos últimos meses de competición esteades a unicamente tres puntos do líder, a UD Ourense. Plantexádesvos o ascenso coma un obxectivo?

ML: Cando arrincou a tempada, no único que pensabamos era en quedar o máis arriba posible. Agora, vendo a clasificación, queremos loitar por estar no alto ou en chegar ben aos playoffs, pero non nos volvemos tolos con iso. Imos partido a partido e miramos cada rival, non miramos tanto a clasificación, para iso xa teremos tempo unha vez remate a competición.

FIL: Este fin de semana tedes un encontro moi importante ante o Estradense, xusto detrás de vós a tres puntos. Como afrontades o encontro?

ML: Na ida, inda que gañamos 1-2, foi un encontro moi complicado onde tivemos que darlle a volta ao resultado. Eles veñen con ganas de sacar a victoria e nós tamén. Témoslle respeto coma a cada un dos rivais que temos e intentaremos que os tres puntos se queden na Ribela.

Foto da SD Sarriana



Maxi Levrand (Sarriana): «O equipo está máis unido que nunca»

A SD Antas xa é líder e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *