#Feminino #Fútbol afeccionado

María Valcárcel cumpriu o seu desexo co Lugo

A única vitoria lucense na Primeira Galega tivo moitos máis triunfos internos. O Lugo impúxose por 5-0 ao Tordoia nun deses partidos dos que só se poden sacar cousas boas. Dominio en xogo e ocasións, hat trick de Paula Rodríguez, dobrete de Lucía Armesto… E, por enriba de todos os motivos, dous debuts: os de Andrea Orol e o agardadísimo de María Valcárcel, despois de moitos meses loitando pola súa carta de liberdade.

No entanto, nesta categoría o resto foron derrotas. Ambas polo mesmo resultado: 1-2. O Antas cedeu na casa ante o Bergantiños nun encontro no que mereceu mellor sorte. A pelota non quixo entrar. O mesmo lle pasou ao PM Friol B na Reigosa. Falta de acerto ante o Victoria B. E erros defensivos que sairon demasiado caros.

Eva, trigoleadora do Chantada

Pola súa banda, o primeiro equipo do PM Friol regresou á senda do triunfo. Foi a domicilio e ante o Umia. Nerea Lombardero abriu a lata e a xaponesa Yuki completou a goleada co seu dobrete. As de Covi foron de menos a máis e remontaron ante un rival que se adiantou por dúas veces no marcador. Os últimos quince minutos resultaron decisivos, xa que as luguesas chegaron ao derradeiro cuarto de hora cun 2-2 no electrónico.

RESULTADOS DA XORNADA

Umia 2-4 PM Friol A



PM Friol B 1-2 Victoria B

Antas 1-2 Bergantiños

Carballedo 2-3 Milagrosa



San Roque 1-9 Chantada

Santiso 2-2 Monte Forte

Bandeira 0-5 Comercial

Poderío visitante nunha boa xornada na Segunda

A Milagrosa levouse un derbi con maiúsculas do Catro Ventos. O dobrete de Ana Lamas serviu de pouco, ao igual que o gran partido feito polo seu Carballedo. As capitalinas sobreviviron a máis dunha hora de xogo en inferioridade. En parte, grazas a Leire. A pichichi fixo dúas xogadas individuais espectaculares na segunda metade para decantar un duelo espectacular.

O outro derbi da xornada tivo menos emoción e claro color chantadino. Tania Gómez e Eva asinaron sendos hat tricks na goleada ante un San Roque que segue mellorando a bo ritmo. Falando de vitorias abultadas, a Comercial olvidouse do feito de contar con varias xogadoras tocadas e venceu a domicilio e con claridade cun póker de Jenny.



Tania Gómez, autora dun hat trick para o Chantada

Por último, o Monte Forte sacou un valiosísimo punto do feudo do líder. E sen porteira, xa que Cheni e Moji tiveron que facer de gardamallas improvisadas. O partido comezou moi de cara, cun 0-2 en dúas contras que certificaban a superioridade monfortina. O Santiso recurtou diferenzas xusto antes do descanso e empatou nunha polémica xogada ao inicio da reanudación. A segunda metade resultou bastante igualada.

Foto principal: La Voz de Galicia

María Valcárcel cumpriu o seu desexo co Lugo

A Sarriana recupera a súa mellor versión

María Valcárcel cumpriu o seu desexo co Lugo

A Segunda Rexional púxose ao día co

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *