#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal #Sin categoría

Madariaga, outro porteiro goleador e os 3 de Rodri

Madariaga é xa o segundo porteiro goleador na provincia no que vai de temporada. Madariaga marcou o gol do triunfo do San Ciprián ante o Folgueiro. Hai unhas semanas, Losada no Lemos tamén marcara. O gol de Madariaga permítelle ao Sanci ser o único equipo da Segunda que gañou os catro partidos. Na zona sur, triunfou Rodri con tres tantos na goleada do Palas.

4ª xornada en ‘O Noso 11 A Chaira’:

  • Gañou todo (4/4): San Ciprián
  • Non perderon: San Ciprián, Iberia e Casás no norte; Brollón, O Páramo, Palas, Becerreá e Paradela no sur.
  • Equipo máis goleador: Riotorto (15 goles)
  • Equipos menos goleados (2 goles): San Ciprián e Paradela
  • Non puntuaron: Cospeito e Chantada B
  • Non gañaron: Cospeito, Muimenta, Quiroga, Lemos B e Chantada B.
  • Porteiro menos batido: Eros (Paradela – 2 goles en 4 partidos)
  • Máximo goleador: Maza (Brollón – 5 goles)

O Sanci, líder en solitario cun porteiro goleador

O San Ciprián venceu pola mínima no Artificial de Xove ao Folgueiro (0-1). O cadro do Vicedo intentou dar co gol de diversas maneiras, pero non estivo atinado. O Sanci tivo a fortuna dun líder. Un saque de portería de Madariaga, axudado polo vento, supuxo o único gol do partido. A maiores o gardamallas completou tamén un gran partido amosándose moi seguro.

Casás e Iberia continúan invictos

Casás e Iberia empatan e seguen sen perder (2-2). Era un dos grandes partidos da xornada ao ser dous dos equipos que mellor comezaron a temporada. 

Complicouselle o partido aos locais á media hora logo da expulsión de Cristian. Aínda así, puxéronse por diante no segundo tempo cun gol de Maira de penalti. Tamén dende os once metros, empatou o Iberia por medio de Samu



Na recta final, os visitantes remontaron momentaneamente. Marcou o central Borja, o terceiro gol en dous partidos. Con todo, Brandon deulle o empate aos seus. Nos últimos intres o Casás quedou finalmente con nove xogadores pola expulsión de Brais Pin. 

O Xermade con 3 de 4

O cadro xermadés venceu pola mínima ao Alfoz (1-0). Os locais marcaron na primeira metade por medio de Chungui cun lanzamento de falta. Puideron ampliar vantaxe por medio de Nando. No segundo acto, o Xermade puido sentenciar e os visitantes tiveron algunha opción de empatar.

O Sporting Pontenova refaise nas festas

O conxunto pontenovés superou á Piringalla (2-0).



O tren de seis: Folgueiro, Riotorto, Celta Barreiros, Guitiriz e Candelaria

O Riotorto golea ao Cospeito (0-7).

O Celta Barreiros goleou no Viñas da Veiga (0-5).

O Guitiriz enlaza a segunda consecutiva ante o Muimenta (3-0).

A Candelaria superou ao Cabreiros (1-2). Adiantáronse os locais por medio de Beto cun gran gol. A Candelaria remontou cun dobrete de Paco Barreiro.



O Brollón mantén o liderado polo diferencial de goles

O equipo da Pobra igualou na casa do Antas (2-2).

O Páramo confirma o seu bo inicio

Superou ao Friol (0-1).

O Ferreira remonta nos últimos intres

Acabou vencendo pola mínima ao Portimarín (2-1).

O tren invicto das oito: Palas, Becerreá e Paradela

O Palas gaña con rotundidade ao Rubián (5-1).

O Becerreá vence ao Chantada B (2-0).

O Paradela gaña ao Incio (2-1).

Segunda vitoria da tempada para o San Roque

O conxunto capitalino derrotou ao Lemos B (1-0).

O Santa Comba estrea a conta de triunfos

Impúxose ao Quiroga no San Martiño (2-3).

Madariaga, outro porteiro goleador e os 3 de Rodri

O PM Friol B estrea o casilleiro

Madariaga, outro porteiro goleador e os 3 de Rodri

Sober e Sarriana B gañan de sete

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *