A Cheda está de noraboa. A ledicia reina no campo lucense tras tornarse realidade o soño dos ascensos á Liga Galega nas categorías infantil e xuvenil a pasada fin de semana. Asemade, o dominio de ambos conxuntos durante toda a temporada foi indiscutible.
En diversas entrevistas, o adestrador da Residencia xuvenil, Dani Galán, e os seus xogadores, aseguraban que o ascenso era o obxectivo desta 2017/2018. Podes velas aquí ou aquí.
Hoxe é o turno dos infantís. Tras vencer ao Orillamar por 2-4 no campo da Mina, na Pontenova, materializáronse as expectativas destes pequenos nados nos anos 2004 e 2005, pero tamén do seu adestrador, Káiser, quen ademáis é o coordinador deportivo máis novo da provincia.
Futbolinlugo quixo saber onde se atopan as chaves deste rotundo éxito dos branquiazuis, polo que falou con Alberto Fernández, «Káiser».


FUTBOLINLUGO: Como está o ambiente na Cheda tras acadar o ascenso?
KÁISER: Moi ben, foi unha gran alegría para todos. Necesitábamos volver a ter aos distintos equipos en Liga Galega, e agardamos que o cadete tamén o consiga, así que reina a alegría.


FIL: Durante o ano, só a Milagrosa «B» puxo en problemas ao equipo. Porén, o dominio branquiazul foi claro toda a temporada…
K: Si, fixemos as cousas moi ben e os rivales -Ribadeo, Milagrosa, Lugo «B»…- foron complicados e facían un gran fútbol, pero nós fixemos un gran ano e os rapaces competiron todos moi ben.
FIL: Por tanto, o traballo semanal tivo que ser moi constante e abundante.
K: Si, foi un grupo realmente bo, xa traballara con eles en alevíns, e durante todo o ano adestraron moito, non faltaron, así que eso notouse moito á hora de acadar o ascenso final.

FIL: Isto axudou a manter unha boa relación cos xogadores?
K: Si, son fantásticos. Lévome moi ben con eles e creo que eles tamén comigo. Cos que estiven en alevíns (Lombardía, Luisito, Alex…) a relación é moi boa, e ademáis entre eles no vestiario tamén teñen unha gran amizade.

FIL: Que destacarías desta gran temporada?
K: O esforzo dos xogadores semana a semana, loitando por conseguir o obxectivo final. Foi todo gracias a eles e non sería posible sen o seu traballo.
FIL: Gañar a copa pode ser o broche de ouro para a campaña…
K: Si, claro. Temos outra competición por diante para ser mellores, seguir traballando e, pese a que o obxectivo principal era o ascenso, por qué non loitar pola copa. Esforzarémonos para que os rapaces melloren e sigan a súa formación.
FIL: A permanencia será o obxectivo básico o ano que ven?
K: Está claro, é un ano importante. O ano pasado descendimos no primeiro ano de Dani e máis eu, porque é sempre un ano complicado, así que agora ten que pasar a euforia e temos que empezar a traballar para conseguir o obxectivo na 18/19, a permanencia.
De seguro que a SDC Residencia cumpre as súas aspiracións de agora en adiante, pero polo momento, tan só nos queda felicitar o traballo de todo este ano. Noraboa!