#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Juan Rodríguez: «Prefiro falar e ver antes que un curso»

Tres clubs nos últimos dez meses. Unha carta de presentación que asegura un mínimo de experiencias para o peto. E algunha que outra historia para os futuros netos. Juan Rodríguez García (Chantada, 1989) pechou o seu segundo ciclo na súa SD Chantada para iniciar outro na veciña Monterroso. A dichosa pandemia impediulle estrearse en Cerdeiriños pero abriulle ás portas da Magdalena. O Racing Villalbés chamouno a filas para dirixir o seu equipo xuvenil de Liga Galega. Outra vez máis, o ‘bicho’ e as súas consecuencias obrigárono a aparcar este novo proxecto.

FUTBOLINLUGO: Boas Juan! Un ano de emocións do máis variado. Comecemos polo principio. Que é un final no equipo da túa vila…

JUAN RODRÍGUEZ: Rematei a segunda etapa na SD Chantada, tres anos de adestrador do primeiro equipo e catro de coordinador. O grupo era marabilloso e era moi cómdo traballar, tanto con eles como coa directiva. Iso non exime a autoesixencia propia. Sentinme un privilexiado. Fixemos moitas cousas ben pero sempre nos quedamos ás portas do ascenso. O primeiro ano atopamos un Foz e Sarriana estatosféricos, ao seguinte tivemos que marchar uns meses a Rodeiro; e o último, estabamos a dous puntos con moitas xornadas por diante. Dos últimos 53 partidos, perdimos 8. Despois de tantas frustracións deportivas, non é que fixera falta un cambio pero se os resultados non saían ía ser duro aguantar todo o ano.



 

Hai xente de fóra que pode estar máis comprometido que algún da casa

FIL: Falabas da importancia do grupo. Neste tipo de clubs só se debe ter xente da casa?



Juan Rodríguez foi un dos relatores das I Xornadas Futbolinlugo

J.R: En Chantada a base tiña que ser a mesma. Eu son partidario de rexenerar os grupos pouco a pouco, non de golpe. Despois, o importante é ter xente comprometida co proxecto. Hai xente de fóra que pode estar máis comprometido que algún da casa, non é o habitual pero pasa. A base debe ser de sentimento de pertenza, iso si. A xente de fóra debe marcar diferenzas.

Os adestradores temos que ser capaces de filtrar a información aos xogadores

FIL: Durante todos estes anos, viviches en primeira persoa a rivalidade co Chantada Atlético. Como é a relación actual entre clubs?

J.R: A situación real é moi diferente á dos inicios. Os primeiros anos foron dunha rivalidade moi insana. A situación non era a ideal. Foise mellorando pero hai rivalidade. E deberamos chegar a un punto no que a xente se sentase, falase e se deran conta de o que mellor para o club chantadino sexa ter un club solo. Pero téñense que dar as condicións para elo, non de calquera maneira.

O mellor para o fútbol chantadino sería ter un só club



FIL: Entón o teu maior problema era o de adestrar a teu irmán (Manu)?

J.R: Sempre pensas que pode ser un problema. Manu viña xogando con todos os adestradores anteriores. Era unha situación máis fácil que se non fose un habitual. E xa coñecía ao grupo. Tamén tiven que adestrar aquí amigos. O importante é ter o rol claro. Pode parecer raro dende fóra pero os xogadores tíñano claro dentro. Houbo cero problemas internos, sendo coherente non ter porque habelos.

FIL: Agora que xa analizamos todo o controvertido da Vila do Asma, imos a Monterroso. Fálanos dese proxecto.

J.R: Antes de comezar, falei con bos amigos para asegurarme a onde ía. Todo o que dixeron era bó. Cumpríanse as dúas premisas que necesito: unha directiva que deixa traballar e un grupo de xogadores que quere traballar. Non me deu tempo a meterme de cheo no club. Fixen contacto con todos e facéndome unha idea. Iso si, non puiden vivilo desde dentro.

Sendo coherente e tendo o rol claro, non debera haber problemas por adestrar un irmán ou amigos

FIL: Juan Rodríguez acabou sendo unha consecuencia máis da pandemia. Aínda así, chamáronte de Vilalba e alá que fuches.

J.R: En Vilalba chámanme unha vez que se sabe que non hai Primeira. Nese momento, entendía que non tiña que estar atado pero o máis ético era falalo coa directiva do Monterroso. Dinme que ao non haber competición que valore o mellor para min, que non van poñer impedimento. Decido aceptar porque no Racing Villalbés fan as cousas ben, con xente moi formada en todas as categorías e dos que podes aprender traballando cerca.

FIL: E a túa bagaxe en Vilalba é dun só adestramento, non si?

J.R: Foi curioso pero si. Un só adestramento. As restriccións fixeron que fora así. As sensacións foron inmellorables en todos os aspectos ese día. Estamos expectantes a ver que pasa nas próximas semanas. E a ver se se xoga ou non.

Necesito dúas cousas: unha directiva que deixe traballar e un grupo que queira traballar

FIL: Mentres tanto, a seguir formándote imaxino…

J.R: A formación é básica. Eu escapo un pouco da formación regrada. Teño as titulacións estándar pero ao marxe diso son de autoformación. De falar con outros adestradores, ver métodos de traballo. Busco o útil dentro da oferta tan excesiva que temos. Busco a adecuada. Prefiro falar e ver, isto pode enriquecer máis que un curso. E chapar os partidos do En Xogo axuda.

FIL: Para rematar, unha pregunta de adestrador. Que porcentaxe de traballo semanal hai que adicar ao rival e cal ao teu propio equipo?

J.R: A eterna pregunta… Non son cousas incompatibles. Un equipo ten que ter a súa identidade, deixando sistemas a un lado, as ideas claras. Pero hai que coñecer información do rival. Non comparto nin o de «o rival me da igual» nin o que basea todo en función do rival. Os adestradores temos que ter toda a información posible e ser capaces de filtrar. Para transmitirlle aos xogadores o que precisan.

Juan Rodríguez: «Prefiro falar e ver antes que un curso»

Sae Villares; entra Julio Delgado, novo lucense

Juan Rodríguez: «Prefiro falar e ver antes que un curso»

O partido Fisioterapia Ronda . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *