José Durán: «Estaría máis tempo pero non son un funcionario»
Diego Díaz Martínez / 4 años
13/08/2020
0
5min de lectura
Un lustro despois da súa chegada, José Durán despídese do club da súa cidade. O adestrador lugués quixo analizar con nós o seu paso polo conxunto albivermello. E tamén o que vislumbra como o seu futuro máis próximo.
FUTBOLINLUGO: Boas José! Parece que a aventura chegou ao final. Agardabas que o adeus fose así?
JOSÉ DURÁN:Pilloume por sorpresa. Ademais creo que foi en pleno confinamento. Martín Murado e Manolo Mandiá -integrantes da secretaría técnica- querían darlle continuidade a este proxecto, que estaban moi contentos. Tiñamos dado baixas e propostas de continuidade e peticións de altas, de feito. Tiña a total confianza. Antes dos cambios no club dixéranme iso. Agora toca respectar totalmente a decisión. Non teño nada que reprochar aninguén. Se é bo para o club, adiante.
«O adeus pilloume por sorpresa, querían darlle continuidade ao proxecto»
FIL: Cinco anos dan para moito. Quédaste con algún momento en especial?
J.D: Quédome con todo. Estou contento e orgulloso do traballo realizado. É algo que queda para o club. O primeiro ano estivemos toda unha volta ou máis de líderes co xuvenil de División de Honra. Creo que o club nunca o conseguira antes. Despois no primeiro equipo démoslle continuidade ao traballo de Luis Milla. Incluso demos un paso máis. Pelexamos cerca do play off moitas xornadas e salvamos a categoría 4 ou 5 xornadas antes do remate, algo moi meritorio.
FIL: Pero a etapa máis longa no club foi no filial. Cal é a túa valoración?
J.D:O primeiro ano consolidámonos na categoría con xogadores moi xóvenes e algunha fichaxe. Pelexamos case ata o final polo ascenso. No segundo ano, ganamos a Preferente. E despois os dous anos de Terceira. É para sentirse orgulloso, contento e feliz.
«No primeiro equipo, demos un paso máis ao traballo de Luis Milla»
FIL: Quizais non foi a mellor temporada para pechar o ciclo. Nin siquiera chegou a pecharse…
J.D:Seguro que teríamos rematado entre os 5-6 primeiros, por puntuación e sensacións. E pola competitividade do grupo. O equipo tería optado a estar aí. A frecha estaba cara arriba e quedaban moitos puntos en xogo. Ademais 6 ou 7 futbolistas axudaron ao Lugo a conseguir o obxectivo da permanencia. É mérito de toda a xente que traballamos no filial.
«Pasamos de ter un filial que apenas podía axudar a un no que varios xogadores tiveron varios minutos co Lugo»
Duran consolidou o Polvorín na Terceira logo de adestrar ao CD Lugo na Segunda na tramo final da temporada 16/17
FIL: Falabas dun determinado número de xogadores, algún deles pode valer realmente para o primeiro equipo?
J.D: Álex Rey, na progresión que está, debera chegar como mínimo a Segunda B. Pero está preparado para aportar no primeiro equipo. Na Segunda B xa estiveron este ano xogadores como Pedro López ou Cacharrón. Logo Matías ou Morais, que vai vivir este ano o da súa explosión individual. Ou Ángel Fraga. Futbolistas como Quindimil ou Chiqui aportaron moita axuda. Sería importante rematar pero tan importante foi o traballo realizado. Pasamos de ter un filial que apenas podía axudar ao primeiro equipo a un no que varios xogadores tiveron varios minutos co Lugo. Foron anos moi produtivos.
«Vou seguir adestrando pero as esixencias son bastante altas»
Jose Durán ascendeu á Terceira co Polvorín fai dúas temporadas. Foto: Endie DoaRúa
FIL: Tal e como explicas todo o conseguido, custa entender que se buscase un cambio no Polvorín…
J.D:Díxoseme que se buscaba un golpe de timón. Simplemente creo que o que decidiu ese cambio terá os seus motivos. Sei o difícil que é tomar ese tipo de decisións. Só desexo que, como mínimo, dean continuidade ao que se fixo no filial e o club siga crecendo. Producindo futbolistas para o primeiro equipo ou xogar un play off a Segunda División B. Penso que estabamos moi cerca, sería este ano ou o seguinte. Cinco anos desgastan moito e o momento ía chegar. Eu estaría máis tempo pero non son un funcionario do fútbol. Non vou reprochar nada, só dar as grazas. Non é un adeus. Ou un un ata logo ou unha paréntese, como xa foi no seu día.
«Estabamos moi cerca de xogar un play off de ascenso, quizais este ano ou o seguinte, pero buscaban un golpe de timón»
FIL: Vai seguir adestrando José Durán ou pídelle o corpo un descanso?
J.D:Tocará irme lonxe. Vou seguir adestrando, non sei onde nin a que nivel. Veremos posibilidades. As esixencias son bastante altas. Sei o difícil que é atopar equipo nestes días. Veño dun club profesional cunhas condicións moi boas. Estou aberto a escoitar e ver proxectos. Xa sexa en Lugo, en Galicia ou fóra dela.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.