Javi Pita (Batalla RCV). «A idea é superar as inscricións do ano pasado»
Iván Calaza / 6 años
09/04/2019
0
5min de lectura
Os porteiros adoitan ser protagonistas drásticos; para ben ou para mal. Moitas veces cunha especial atención sobre os seus erros. Pero desta volta, son protagonistas de por si. O Venres Santo, gardamallas de toda a provincia e tamén chegados dende outros puntos xuntaranse na II Edición da Batalla de Porteiros organizada polo Racing Vilalbés. A única competición deste estilo en territorio lucense. Será no Artificial da Madalena no concello de Vilalba. Detrás dela están dous clásicos baixo paus. Javier Ares “Viusky” e Javi Pita repiten organización coa ilusión da boa acollida da primeira edición.
“Facémolo coa idea de superar inscricións. Por iso puxemos as prazas limitadas. Polo tema do espazo. Este ano vai ir un campo de competición máis. Coa idea de ter máis participantes”, apunta Javi Pita. O porteiro do primeiro equipo do Racing Vilalbés destaca unha das principais novidades da edición deste ano: “Imos meter unha aplicación informática coa que será máis fácil, tanto para os participantes como para nós, xestionar os resultados e as clasificacións. Penso que vai ser unha mellora importante para darlle máis axilidade a competición. O ano pasado igual había que esperar un pouco a que se actualizaran os resultados. Foi bastante fluído, pero máis lento. Así tamén nos aseguramos que non haxa ningún erro”. A informatización chega a única batalla de porteiros da provincia e das poucas que hai en Galicia. “Aconsellamos aos participantes que descarguen a aplicación «Xporty» para que dende aí poidan seguir o evento”.
📢 Desculpas pola tardanza… temos @s gañador@s das 2 inscricións para a @batallaRCV 👐
Grazas a tod@s os que participastes nas nosas distintas redes sociais e parabéns a…
A competición divídese en cinco categorías. Sénior, feminina, sub – 18, sub -15 e sub 12 con premios en cada unha delas. Compítese en individual e por parellas. @s participantes contarán cun picnic de balde a media mañá e serán agasallad@s cunha camisola do evento. Ademais, durante a xornada realizaranse sorteos para os presentes. As expectativas son altas porque a primeira edición deixou bo sabor de boca en palabras de Pita: “Consideramos que tivo moi boa acollida, a excepción do tempo que tivemos que non acompañou. A xente estivo moi participativa en todo. Cremos que saíu ben e este ano imos tentar cambiar algunhas cousas que vemos que se poden mellorar”. Outra das intencións tamén é animar as porteiras segundo Pita: «É unha categoría que nos gustaría potenciar. O ano pasado non a conseguimos abrir e polo momento apenas se inscribiron. Animámolas a que se sumen».
A organización opta por non repetir a Batalla de Exhibiciónque si se realizara a temporada pasada. Contara con gardametas da talla de Dani Mallo, Javi Prieto, Roberto Baleiro ou Fon Gómez. “Estaba ben pero pensamos que era un tempo perdido e que podiamos invertir en máis partidos e en máis participantes. Andamos manexando algunha que outra opción de sorpresa, pero de momento non sabemos nada”, apunta o porteiro do Vicedo.
Adoitan comentar que os porteir@s están feitos doutra pasta, que non son xogadores ao uso. “Partindo do tópico que para empezar xa vestimos diferente ó resto; creo que si. Temos que dominar un pouco todas as facetas do xogo. Agora tamén se esixe un bo xogo de pés. Ademais temos que dominar a portería, a área…”, comenta o porteiro do Vilalbés. En parte, pode que de aí aparecera no seu día esta modalidade de reto deportivo entre eles. Un evento que agardan que dure na Terra Chá. “Dá traballo. Hai que moverse moito. Preguntar en moitos sitios, chamar a moita xente,…; pero merece a pena. Quedamos moi contentos de como saíu todo hai un ano. Facémolo coa ilusión de garantir o do ano pasado e seguir mellorando”.
«Estamos convencidos que nos imos quedar en Terceira»
Javi Pita está na súa segunda etapa como xogador do Vilalbés. Regresou ao cadro chairego en xaneiro do 2017
Entre a organización da Batalla e a competición da Terceira Galega anda Javi Pita estes días a nivel deportivo. O Vilalbés venceu na pasada xornada ao Céltiga e continúa dando pasos cara a salvación logo do mal inicio de campaña. “Simón aportounos eses retoques de confianza que cremos que nos fixo dar un paso adiante. Con Juan Peón viñamos nunha dinámica de resultados moi mala e era difícil de reverter. No fútbol, o que paga os malos resultados sempre adoita ser o adestrador”, explica o cancerbeiro que afirma a boa mentalidade do grupo: “Todos os compañeiros estamos convencidos que nos imos quedar en Terceira. O traballo semanal é bo, a competición tamén. Na segunda volta levamos 13 goles a favor e 7 en contra. Son números dun bo equipo. Somos conscientes que imos ter que pelexar ata o último partido de liga, pero estamos mentalizados”. A nivel persoal, Javi xogou os 31 partidos de competición. “É a temporada que máis regularidade estou tendo. Con gañas de seguir aportando dentro do campo”.
En principio quedarán dous partidos máis co Vilalbés antes da Batalla (se se confirma que o Silva – Vilalbés se xoga o Xoves Santo). Este domingo remata o prazo de inscriciónpara a festa lucense dos porteir@s. “Estou convencido que o que decida participar vai pasar un día espectacular facendo o que lle gusta. Ser porteiro e parar. É unha modalidade moi competitiva. É interesante xogar e tamén estar fóra vendo os partidos”, conclúe Javi Pita.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.