Jairo revive ao Muimenta e Manel revitaliza o Incio

A 21ª xornada de liga da Segunda Futgal deixou os seguintes destacados en cadanseu grupo.

Carmelo foi un dos protagonistas da xornada, a pesar de que o Cospeito perdeu co Iberia. O gardamallas realizou numerosas intervencións de mérito.

No Once aparecen dous laterais dereitos como Carreira, que vive un gran momento no Riotorto, e Casanova, un dos xogadores sobranceiros na boa xeira do Celta Barreiros.

Valea mantívose novamente inexpugnable no empate do Alfoz co Cabreiros. Hugo Vasco realizou un bo partido na defensa da Piringalla, a pesar de que os seus perderon ante un Muimenta que revive na parte baixa da clasificación, grazas a un gol de Jairo de penalti.



No centro do campo Schuster e Xoel compartiron partido, aínda que se impuxo a xuventude do Sanci pola mínima.

O Casás e a Candelaria tamén sumaron os tres puntos cunha boa actuación individual de Cristian na banda e de Pablo como medio esquerdo.

Na zona sur, O Incio logrou un importante triunfo ante o Palas. A pesar de marcar catro goles, un dos grandes protagonistas estivo na portería. Manel realizou grandes paradas de mérito para evitar máis tantos visitantes.



O Antas venceu a un rival directo na loita pola salvación como o Lemos B. Os pupilos dirixidos por Hugo Vázquez amosáronse seguros en defensa, con Goleta como un dos sobranceiros do encontro.

Pau cumpriu nun Chantada B que vive un bo momento e trata de afastarse das posicións de abaixo. Aínda que o Rubián tratou de sumar algún punto coa entrada no campo de xogadores como Javi, que lle deron un novo aire.

Manuas foi un dos que máis ímpeto puxo para que o Quiroga non sucumbira ante o novamente líder San Roque. Aínda así, os xogadores dirixidos por Piru impuxéronse no San Martiño con Yelko como outro dos grandes protagonistas.

catro ventos máxicos

Damián foi un dos xogadores de referencia na clara vitoria do Brollón sobre o Becerreá.

O Santa Comba segue de doce e, con algo de fortuna e boa actuación de futbolistas como Jordi, venceu ao Friol.



Samos foi o gran sobranceiro do derbi que o Paradela levou ante o Portomarín.

A habilidade de Enríquez contribuíu de maneira moi importante a que o Ferreira empatara un 2-0 que O Páramo tiña ao seu favor nas Rapadas.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *