O fútbol feminino está a medrar sen ningún tipo de dúbida na nosa provincia e, en xeral, na nosa comunidade. Cada vez, por fortuna, contamos con máis clubes femininos e de maior nivel en Lugo.
Pero para chegar a este índice de desenvolvemento, é primordial comezar desde abaixo, desde a base. Ao igual que en categoría «sénior», o fútbol base feminino tamén está gañando popularidade entre as rapazas gracias, en parte, a grandes iniciativas dos clubes provinciais.
O último gran acontecemento de fútbol base feminino foi a disputa da 1ª xornada da II Copa Gallaecia infantil e alevín no Municipal Rodríguez Lago o pasado luns 2 de abril.


Os equipos participantes nesta primeira das catro xornadas desta competición foron en categoría infantil SCD Milagrosa, Sárdoma CF, Orzán SD, Victoria FC, Victoria CF e Peluquería Mixta Friol, e en alevíns SCD Milagrosa, Orzán SD, AD Bosco Rosalía, Victoria FC, Victoria CF e Sárdoma.
Futbolinlugo, por cortesía da SCD Milagrosa, conta cunha pequena galería de imaxes
desta primeira e apaixoante xornada da Copa Gallaecia!
