«Nalgún momento o ideal sería volver», Martín López Ross
Iván Calaza / 8 años
06/08/2017
0
3min de lectura
Iso de que a xente nova non fai camiño comeza a ser un tópico pouco real. Exemplos témolos no fútbol, como no caso de Martín López Ross «Ross» (Lugo, 1995). A pesar da súa xuventude, o futbolista criado nas categorías inferiores da Residencia e tras pasar tamén polos xuvenís do CD Lugo, iniciou unha aventura que o levou polo As Pontes, Rápido de Bouzas e o Coruxo. Neste último equipo non puido contar con minutos e a última temporada foi cedido ao Ourense CF da Preferente. Despois de participar na maior parte dos encontros como central ou lateral conseguiu, xunto cos seus compañeiros, o ansiado ascenso de categoría. Non perde de vista o fútbol lucense seguindo, entre outros, a seu irmán unha das fichaxes do Outeiro para a nova temporada. Agora atópase na búsqueda dun novo equipo que probablemente sexa o Areas, recén ascendido a Terceira División. Iso sí, co soño de algún día volver a súa cidade e vestir as cores vermella e branca.
Futbolinlugo: Cal é a túa situación actual?
Martín López Ross: Nestes momentos estou adestrando co Areas despois de desvincularme do Coruxo. En teoría quedareime alí.
«Xoguei case todo, tanto de central como de lateral»
F: Xa estiveches en varios equipos a pesar da túa xuventude, supoño que o ano pasado foi un ano especial…
MR: Conseguiuse o obxectivo. Xoguei case todo, non só de central senon tamén de lateral. Aportei todo o que puiden e ao final ascendeuse. Foi un ano en Preferente no que se cumpriu todo.
«Ao pensar que ía quedar no Coruxo pechouseme a porta de volver ao Ourense CF»
Ross tivo un papel destacado no Ourense CF onde xogou 34 encontros. Foto: Ourense CF
F: Non tiveches opción de volver ao Ourense CF para a nova campaña en Terceira?
MR: Ao estar adestrando en Coruxo pensando que ía quedar alí cada equipo vai confeccionando os seus xogadores e unha vez que pasan quince ou vinte días os cadros de futbolistas vanse completando. Foi o que me pasou en Ourense. Alí xa había sete ou oito defensas, o adestrador queríame pero xa non se puido dar esa posibilidade.
F: Compaxinabas adestramentos co Coruxo e co Ourense CF, como se levaba iso?
MR: Levábase ben. Eu estou estudando en Vigo e ir a Ourense obrigábame a perder catro ou cinco horas entre a viaxe e adestrar. Ao ter a posibilidade de adestrar aquí cun equipo de Segunda B e a bo ritmo, lévase moi ben. Adestraba tres días aquí e dous alí, polo que chegaba aos encontros moi ben fisicamente.
F: A pesar de que a túa situación te mantén fóra da casa, non tes gañas de volver ao fútbol lucense?
MR: O ideal sería nalgún momento volver e estar coa xente de casa. Cos que te coñecen e que te poidan animar.
«O desexo sería estar competindo no Anxo Carro»
F: Cal é o obxectivo que te marcas como futbolista?
MR: Sería estar competindo no Anxo Carro, pero hai que ir paso a paso. Hai que ter sorte, adestrar duro, non lesionarse e que che den a posibilidade.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.