Así foi a primeira xornada da Preferente Norte no subgrupo 1C dos lucenses:

  • Residencia-Santaballés: Claro dominio da Residencia na Cheda nun partido que puido conquerir máis goles. Veloso iniciou o seu doblete xusto antes do descanso para pechalo no tramo final. Entre medias, deu tempo a unha xenialidade a balón parado do debutante Dani Renda. E aun gol en propia porta de Adrián.

 

  • Lemos-Ribadeo: Moita igualdade na Pinguela. A atractiva proposta do Lemos atopou o seu premio grazas aos dous goles de Adrián Díaz. O primeiro, de penalti; e o segundo, en acción individual. Entre un e outro, Jairo Campo fixo soñar aos mariñáns con algún punto. Non foi posible.
  • Sarriana-Foz: Un competitivo Foz plantexou máis problemas dos previstos na Ribela. Diego Chao, con sendos golazos, igualou por dúas veces as mínimas vantaxes dos de Charly. Borja Castro deixou os tres puntos na casa a menos de quince minutos para o remate. Por certo, Gerardo xa ‘galifa’ de branco. Gol de pillo do asturiano.

Comparte
                              

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*