A primeira xornada da segunda volta na Preferente lucense enfrontou na Liga ao Santaballés e a Residencia. Os locais gañaron o encontro con dous tantos de vantaxe. O primeiro marcado na primeira metade por Chechu. O segundo anotado por Jorge Pereira ao transformar un penalti. Coa vitoria, o conxunto de Santaballa presenta a súa candidatura para pelexar polos primeiros postos da táboa. Deixámosvos algunhas imaxes do encontro:

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*