O que fai uns meses non sería noticia, hoxe debemos celebralo. Os nosos tres representantes lucenses poden disputar este fin de semana os seus encontros ligueiros. Sen ir máis lonxe, a pasada xornada o Viveiro e o Polvorín viron adiados os enfrontamentos con Silva e Bergantiños, respectivamente.

Detémonos no encontro do Racing Vilalbés. O cadro chairego recibe o domingo ás 16 horas na Madalena ao Fisterra, co arbitraxe do colexiado ourensán Rubén Pérez Martínez, na procura de tres puntos que o sitúen, definitivamente, nos postos de privilexio do grupo A de Terceira.

Nun grupo no que impera a máxima igualdade, coa salvedade do Somozas que é líder con cinco puntos de diferencia, o resto de equipos están moi preto entres sí na clasificación, aínda que é importante reseñar que só catro conxuntos (Paiosaco, As Pontes, Fabril e Somozas) disputaron tódolos encontros sen verse na obriga de adiar ningún. Con esta perspectiva, cada encontro é unha final para calquer equipo, e unha vitoria ou unha derrota achégate ou alónxate dun ou outro obxectivo.

O capitán López é un fixo no lateral dereito do Racing Vilalbés

O Racing Vilalbés, despois do importante triunfo da pasada xornada en Vista Alegre diante do Estudiantil, situouse cuarto na clasificación a tan só un punto do Fabril e a tres do Bergantiños, equipos que se enfrontan entre este domingo. Os de Simón Lamas tentarán facerse fortes na Madalena, onde non perden desde o pasado mes de novembro cando caeron derrotados ante o equipo hoxe adestrado por Lemos.

O Fisterra foi unha das grandes sensacións da pasada temporada na Preferente e gañouse o dereito a voltar, moitos anos despois, á Terceira. O equipo adestrado polo ex deportivista Jaime vende cara a súa pel en cada encontro.  A pesar de gañar tan só un dos cinco disputados, o que o enfrontou co Paiosaco, os fisterráns caeron pola mínima ante Viveiro e Somozas e acadaron un punto no campo do Silva, así como no Ara Solis co Arzúa, o que amosa a dificultade para superalos en cada encontro.

Falamos do encontro con dous dos referentes ofensivos de ámbolos equipos: Fernando Cuadrado (Racing Vilalbés) e o ex racinguista Juan de Dora (S.D. Fisterra), que logo de varios encontros de ausencia volverá a vestirse de curto na Madalena.

QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?

CUADRADO (RACING VILALBÉS)

Cuadrado, coa camisola do Polvorín enfrontándose ao seu actual equipo

 – A importancia da clasificación. “A verdade é que estar na zona alta da clasificación a estas alturas é algo que reforza moito a moral do equipo. Neste ano tan atípico, a regularidade tanto fóra como na casa, así como sumar puntos o antes posible é bo para os ánimos do equipo e pódense afrontar os partidos con máis calma“.

– O Fisterra. “Creo que será un partido moi disputado, ao igual que todos os da categoría. Agardo un rival duro que virá a polos tres puntos, sen dúbida. Pero tamén agardo un Racing forte na nosa casa, coas cousas claras e con ganas de seguir sumando de tres en tres na Madalena“.

– A competencia no ataque. “Eu penso que toda a competencia é boa e sirve para mellorar. E máis se cabe se con quen compite é con grandes xogadores como Dani Pedrosa ou Santi Gegunde. Estou moi contento co meu rendemento e co que estou aportando ao equipo e agardo seguir demostrándoo ata final de temporada“.

JUAN DE DORA (S.D. FISTERRA)

Foto: Facebook SD Fisterra

 – A súa etapa Racing Vilalbés.Foi o meu primeiro ano en Terceira. Sempre me lembrarei que foi o equipo que me deu a oportunidade de xogar nunha categoría tan bonita como é esta. Estarei agradecido de por vida“.

– O encontro na Madalena. “Creo que vai ser un partido de alta intensidade e moi disputado. Do rival o que máis me preocupa son os seus contragolpes. Debemos estar moi concentrados porque se nón pagarémolo moi caro“.

– A temporada do Fisterra. “A verdade é que estamos facendo as cousas ben para ser novos na categoría, pero aínda queda moito que remar. Isto non fixo máis que comezar e temos que seguir traballando duro como ata o de agora. Se nalgún momento baixamos os brazos será moi difícil acadar a permanencia“.

[themoneytizer id=”15360-28″]
Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*