[themoneytizer id=”15360-1″]

Se a pasada fin de semana volveu a rodar o balón na nosa provincia co fútbol de Terceira, este domingo ás 12 da mañá na Reigosa o Peluquería Mixta Friol bota a andar na súa segunda temporada na Reto Iberdrola. Nen máis nen menos que na Segunda División do fútbol feminino nacional. O seu rival será o Racing Féminas.

Ao igual que a pasada campaña, o reto do conxunto lucense é maiúsculo. Co obxectivo inequívoco da permanencia, a experiencia do último ano nunha categoría tan esixente debe servir de estímulo. Aínda que na data que rematou a competición por mor da pandemia da Covid-19, o P. M. Friol estaba fóra de descenso, as sensacións non eran as mellores.

Foto: Carlos Maira

Agora, coa chegada de Abraham García ao banquiño, un adestrador de ampla experiencia no fútbol feminino, o cadro friolés tentará dar un paso cara adiante e, coa mente posta na salvación, non renunciar a un posto máis decoroso. O técnico gaditano adestrou a pasada temporada ao U.D. Tacuense, conxunto canario do grupo sur da Reto Iberdrola.

O esceario será distinto. A situación sanitaria provocou que o grupo norte se dividise en dous subgrupos, quedando o Peluquería Mixta Friol encadrado no A con outros sete conxuntos, por proximidade xeográfica. A esixencia será máxima nunha competición moi curta e na que os catro primeiros competirán polo ascenso e os catro últimos pola permanencia.

Para este encontro da primeira xornada non será da partida a nosa protagonista: a lucense Marta.

QUE OPINA A PROTAGONISTA?

Marta, no AllStar Futbolinlugo do 2019 na Marosa

 – O ano da consolidación. “A primeira temporada foi máis unha toma de contacto, moi importante para gañar experiencia. E agora toca demostrar  do que somos capaces e disfrutar facendo o que máis nos gusta”.

O novo míster. “Como tódalas adaptacións, ao comezo sempre costa entender a súa filosofía. Pero é cuestión de traballar todos xuntos para pulir os aspectos máis importantes“.

O Racing. “Imaxino que será un encontro complicado ao igual que o resto desta categoría. Confío no equipo e creo que quedarán na Reigosa os tres puntos“.

Friol na élite. “Para min é algo especial. É moi bonito poder gozar desta categoría e poder competir contra equipos e xogadoras de gran nivel“.

Foto de portada: www.pmfriol.com

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*