Hai uns anos, adestraba nun equipo da cidade. Houbo un día, que por un erro doutros monitores, chamoume un dos coordinadores. Díxome se podía ir de urxencia a un encontro, que non había monitor. Contesteille que non coñecía aos nenos nin nada…

Pois alí me presentei na instalación… Xuntei aos nenos e fíxenlles uns xogos para ir averiguando a aliñación do día anterior, posicións e demais,. Noutras palabras: gañando tempo.

Pois desta forma fomos sacando o partido adiante. Facendo malabares iso si… Pero xa se sabe… Hai que andar!

Ao rematar o partido, ao saír da instalación, saudoume un pai e díxome:

“Nótase que coñeces aos nenos, daba gusto velos xogar”.

Eu contesteille:

“Pasámolo ben e pouco a pouco, seguimos!.

A tomar o vermú e a seguir que non queda outra!

Jesús ‘Suso’ Vázquez Tallón. Adestrador do Corgo. Politicamente correcto, lucense polifacético

Comparte
                           

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*