Podería falar de colexiados, de como case chegar ás mans cun porteiro… Pero vouvos falar da superstición. Supoño que haberá moitos futbolistas aos que lles pasa. Que se entran coa perna dereita ou coa esquerda ao campo, se sacrificarse antes de xogar… Eu en verdade, só teño unha que foi saíndo co paso do tempo.

Iván, capitán na Veiga

Eu antes compraba as miñas botas coma todo o mundo. Brancas, negras… Aínda que brancas había moi pouquiñas. Un día tiven unha pequena lesión cunhas botas negras e prometín nunca máis comprar ese calzado en dita cor. Empecei a mercar todo botas brancas. Todo superstición. Sempre vía algunha oferta que atopaba, pero o certo é que cheguei a revender botas por cambiar de cor. Todo coa intención de ver se me gustaba variar e saír do branco. Nada!

Iván marcando un gol co Castro cunhas Nike Tiempo brancas

Logo aumenteille a ter o mesmo modelo. As ‘Nike Tiempo’ para ser exactos. Non sei se era culpa miña da cabeza ou de que… Íanme moi cómodo e incluso marcaban algún gol! E disto pois… xa van quince anos ou así. Sempre en branco ainda que tiveran algún detalle noutra cor.

Recordo que tiven unhas grises que me regalaron hai cinco ou seis anos. Creo que fora meu irmán. Nada! Dábame na cabeza que me molestaban e non podía xogar con elas.

O bo disto é que a superstición só existe para xogar. Para adestrar váleme calquera cor. Menos as negras! As negras son de árbitro de toda a vida…

Iván González Rodríguez. Eterno ‘killer’ do noso fútbol. Dianteiro do Pol

Comparte
                        

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

1 ComentarioDeixa un Comentario

  • Pois eu mira que lle vin marcar goles de todas as cores cunhas Umbro Special azuis, daquela, cando todas as botas eran negras.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*