Historias teño moitas, isto é o mellor do fútbol. Algunhas non valen para contar. Pero eu creo que esta de hai dous meses si.

Era un día de sol, iamos no coche cara Arzúa. Collimos a autovía desde Lugo. A que vai de Palas a Nadela. E iamos tarde, sempre chego tarde. Polo que iamos por enriba do permitido…

De súpeto, vimos un coche. Frenei e berrei: “Mira onde se poñen os cabróns estes e tal”.

Falsa alarma. Seguimos e chegando ao final da autovía vimos outro coche que estaba nunha das saídas da autovía que están pechadas.

Brais conduce o balón co Arzúa

Pasamos daquel coche, un pouco de cachondeo a verdade. Xa que ata lle pitamos e todo. Comigo viña Álex Vázquez de copiloto. Xirouse para atrás e dixo: “Oiches, era a Guardia Civil”.

Temimos o peor. Seguimos a nosa viaxe e, onde acaba a autovía saímos. Alí estaba unha patrulla parando. E nós alí ante eles coa música a tope, sonando algo de reggaeton. Baixamos a ventá, xa pensando no peor despois do que pasara quilómetros atrás.

Falou o axente:

“Parámosvos xa que vos acaba de pillar o radar. Por favor poña o carné no salpicadero (nova medida co do COVID).

Eu xa estaba nervoso. Púxeno alí. Volveu falar o garda:

“Perdone, díxenlle carné de conducir. Acábame de dar a tarxeta de crédito“.

Os compañeiros partíndose. Eu nervosísimo. Saqueino, agora ben. Aínda que parecía que quería sobornar ao axente. Despois diso pillounos os datos e entregounos a correspondente receita.

Chegamos ao adestramento e foi un auténtico cachondeo por parte de todos. Xogadores e corpo técnico… Foi a historia do día, a historia do día na que lle pitamos ao radar.

Brais Prieto Cobas. Centrocampista do Arzúa. Un do Valadouro que reparte fútbol na terra do Queixo 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*