#Fútbol afeccionado

Fernández Teijido: «En Portugal, o que recibiu a falta díxome que non a pitara»

Adrián Fernández Teijido, Alberto Blanco e Daniel Pardo participaron nun programa de intercambio da Federación Galega coa Federación do Porto. Os colexiados lucenses arbitraron na casa do Sport Clube Rio Tinto un encontro da categoría Elite portuguesa.

Adrián Fernández Teijido foi un dos protagonistas lucenses da pasada xornada. Fernández Teijido xunto cos seus compañeiros Alberto Blanco e Daniel Pardo arbitraron na finde do Entroido un encontro na quinta categoría do fútbol portugués. Fernández Teijido pasou, da man de Futbolinlugo, pola sintonía do Ser Deportivos Lugo.

A tarefa encomendada a Fernández Teijido e ao seu equipo enmárcase dentro dun proxecto de intercambio que a Real Federación Galega comezou esta temporada coa Associação de Futebol do Porto.

Este convenio abarca categorías non profesionais. Colexiados portugueses veñen a Galicia de vez en cando para dirixir partidos da Preferente e da Primeira Galega de futfem. En cambio, árbitros galegos baixan ata o distrito do Porto para arbitrar encontros da categoría Elite, o quinto escalón do balompé no país veciño. Atendendo ao número de categorías, en Galicia equivalería á Terceira RFEF.

abogados máxicos

En Portugal a Primeira e a Segunda son as ligas profesionais, como en España. Posteriormente a nivel nacional teñen a Liga 3 e o Campionato de Portugal con catro subseries. A partir de aí, cada distrito ten as súas ligas administradas pola Federación competente. Neste caso é a liga Elite está baixo o paraugas da Assoçiação de Futebol do Porto.



O trío lucense encabezado por Fernández Teijido asubiou o duelo entre o Sport Clube Rio Tinto e o Futebol Clube Avintes. O estadio Cidade de Rio Tinto foi o escenario. Un campo de fútbol situado a uns vinte minutos do Porto e a unhas tres horas e media de Lugo. A vitoria foi para o cadro local (2-0).

É a quinta vez no curso que un trío arbitral galego desempeña estas funcións en Portugal. O acordo entre federacións promocionouse como «histórico» e «pioneiro».

máxicos salvatierra abogados

Adrián Fernández Teijido asubía encontros de Preferente ou da 3ª RFEF de futfem. Precisamente esta fin de semana xa dirixiu na Reigosoa o encontro da 21ª xornada entre o PM Friol e o Mos.



O redactor de Futbolinlugo, Diego Díaz e o presentador do Ser Deportivos Lugo, Álex Gato conversaron con Fernández Teijido sobre a experiencia. A continuación, deixamos o audio no que se pode escoitar a nosa participación. Ademais, como cada xoves, analizamos as citas sobranceiras da fin de semana.

Nas seguintes liñas, resumimos as palabras de Adrián Fernández Teijido. O colexiado está moi contento coa experiencia e agarda repetir. Agora xa sabe que estilo de arbitraxe debe practicar.

Experiencia en Portugal: «Foi boísima. Polo ben do fútbol lucense e galego é unha iniciativa que se debería seguir repetindo. O partido estivo moi ben. Nivel futbolístico vexo máis en Galicia. Pero en intensidade e na maneira de vivir o fútbol dánnos bastantes voltas».

Novidades na arbitraxe: «En todos os partidos, indepentemente da categoría, hai policía no campo. O encontro que arbitramos era da división de Élite e había cinco policías; catro na bancada e un a pé de campo. Cada vez que había unha xogada máis polémica ou protestada, os policías calmaban o ambiente. Ao rematar o partido veñen preguntar que tal está todo e, ata que o árbitro lle dá permiso, non se van».

Que pasou no minuto 5?: «Ía avisado de que en Portugal teñen un fútbol moito máis duro. Non eran equipos violentos; pero que, en xeral, hai moita máis intensidade que aquí. Nos primeiros minutos estaba arbitrando como o facemos en España; un fútbol máis de control, intentando levar o ritmo do partido e marcando ben as faltas.»



«Nos primeiros minutos houbo unha patada e pito falta. Os xogadores míranme estrañados. Na seguinte xogada, houbo outra patada; algo máis dura ao meu entender. Volvo pitar falta e o propio xogador que recibiu as dúas patadas achégase e dime: «Xuíz, esas faltas non as pites; deixa, deixa«. No resto do encontro tívenme que adaptar eu ao nivel que querían eles».

Como chegas a esta iniciativa?: «O Comité de Árbitros de Galicia deunos a posibilidade de anotarnos a esta experiencia de intercambio a todos os colexiados da Preferente. Tivo bastante aceptación e despois o comité é quen vai decidindo. No meu caso fun o quinto, xa foran catro compañeiros antes doutras provincias e xa veu aquí tamén algún portugués».

Comparación da arbitraxe: «Tivemos de cuarto árbitro a un rapaz do Porto. El estívonos contando como é a arbitraxe lusa. Creo que aquí está máis profesionalizada polo nivel de esixencia. De Preferente para riba xa temos controles cada pouco tempo, exames, probas físicas,… En Portugal esíxenlles algo menos nese sentido. Igual si que no campo están encima deles, pero nós temos clase todas as semanas e eles reunións cada tres ou catro meses. Aquí o árbitro, a través da Federación, ve agradecido o traballo economicamente, está bastante ben pagado. Alí arbitran para non perder cartos, teñen moi pouca marxe de beneficio».

Violencia no fútbol: «Nós tamén temos a nosa clasificación na que se miden os nosos acertos e erros. O último que quere fallar no partido sempre é o árbitro. Se non pito un penalti claro, a ese equipo vaille fastidiar. Pero a min despois cando me reúna coa persoa do comité que estea no campo tamén mo vai dicir e vaime repercutir a min. Se temos un erro, non vai ser algo premeditado. En España a polémica está moito ao día. En Portugal os xogadores practicamente non protestaban. Non sei se é que tamén me viron de convidado. Tamén a xogada que protestan, fano todos xuntos».

España ou Portugal?: «Eu quédome con España e co fútbol lucense».

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *