Tras falar dos infantís e dos cadetes, chega o turno dos que sí son os maiores dentro dos máis pequenos, os nosos xuvenís.
Algúns deles, dispostos a coroar a súa etapa no fútbol base. Outros comezan ilusionados unha idade na que de seguro aprenderán e disfrutarán como farían uns prebenxamíns. As ligas nas que se divide a categoría xuvenil son: División de Honra, Liga Nacional, Liga Galega e Primeira Autonómica. A «raíña» de todas elas é a División de Honra, da que descenden catro conxuntos, e na que CD Lugo e Racing Villalbés visitarán campos como Mareo, O Requexón, Abegondo…
División de Honra Xuvenil: RC Celta, Sporting Gijón, RC Deportivo, CD Lugo, Real Oviedo, Racing Santander, ED Valmiñor, Bansander, TSK Roces, CD Areosa, Santiago Compostela, Alondras, Racing Villalbés, Pontevedra CF, Llano 2000, Atlético Perinés.
Na Liga Nacional, da que suben dous clubes a División de Honra e baixan outros tantos a Liga Galega, o único conxunto lucense será o CD Lugo «B». Na Liga Galega o número é maior, tres: Viveiro CF e Racing Villalbés «B«, ambos no grupo norte, e CP Calasancio, no sur. Os dous primeiros en cada grupo serán os ascendidos, e os dous últimos os descendidos.


Liga Nacional Xuvenil: Pabellón CF, Ourense CF, Victoria CF, RC Deportivo «B», SD Compostela, RC Celta «B», CD Choco, Arosa SC, Racing Ferrol, Porriño Industrial, CD Lugo «B», Coruxo FC, CD Conxo, UD Santa Mariña, CD Boiro, Ural CF, Rápido de Bouzas, CD Lérez.
Liga Galega Xuvenil Norte: CD Calasanz, Galicia Caranza, CF Dumbría, Montañeros, Victoria CF, Orillamar SD, Viveiro CF, SD O Val, EF Lalín, Bergantiños CF, CD Unión, CCD Cerceda, Betanzos CF, Santiago Compostela «B», Sporting Estrada, Racing Villalbés «B», Ural CF «B», CD Conxo «B»
No que atinxe á Primeira Autonómica, funciona da mesma forma que nos cadetes. Dous grupos a unha volta dos que saen os oito clasificados para a segunda fase. Desta, a ida e volta, sairán os tres conxuntos que xogarán a fase de ascenso. Neste caso, a división dos grupos da primeira fase é así:

Grupo Norte: SD Porto Burela, SDC Residencia «B», Viveiro CF «B», SD Ribadeo, CD Foz, Sporting Pontenova, Xove Lago, EF Polvorín «B», CD Cospeito, ED Lourenzá, SD Outeiro de Rei, AD Ferroviaria (novo), CD Castro (novo), San Xosé CF(novo).
Grupo Sur: SDC Residencia «A», Palas CF, SCD Milagrosa, EF Polvorín «A», SD Sarriana, CD Corgo, SG Comercial, SD Becerreá, Sagrado Corazón, SD Monterroso, Taboada CF, SD San Roque, Quiroga FC (novo).
Cómpre non olvidar á SD Chantada e ao CP Calasancio «B», e dous conxuntos do Monforte CF, equipos que, pese a pertencer á provincia de Lugo, disputan a Primeira Autonómica cos clubes de Ourense.
Agardamos que a campaña estea chea de éxitos para os nosos rapaces!!