Diario dun mercado. Episodio 499

Esta fin de semana comeza a competición regular no balompé afeccionado lucense. A Sarriana estrearase na 2ª RFEF. O Viveiro, o Racing Villalbés e o Lugo B comezarán a 3ª RFEF. O Burela e o Pol iniciarán o seu camiño no Grupo 1 da Preferente, mentres o Lemos fará o propio no sur. Tamén comezará a Primeira co grupo lucense ao completo e o Brollón que xogará na provincia de Ourense.

A maioría dos equipos teñen os seus cadros de xogadores pechados de cara ao incio ligueiro. Non obstante, xurdirán incoporacións de última hora para pulir os conxuntos. Incluso nas categorías máis baixas, xa que a Terceira Galega non comeza ata final de mes. Queda o Episodio 500 do Diario dun mercado pendente para contalo.

O Ribadeo protéxese no mercado

Polo momento, salientamos que na Primeira Futgal, o Ribadeo blinda a súa portería pola ausencia de Iñaki ata Nadal. O ‘Gato do Vicedo’, Javi Pita, continuará no conxunto celeste polo menos ata daquela. Ademais, tamén chega para defender os tres paus o asturiano Gabi. O meta procede de La Caridad CF. Pola súa parte, tamén comunicaron a chegada de Bruno García, que volverá formar parte do Ribadeo despois duns anos fóra dos terreos de xogo.

Alejo Fuenteseca Debasa volverá xogar na Primeira. Ademais farao de maneira especial, porque ficha no Outeiro e xogará co seu irmán Debasa. A zurda de Alejo pode dar un plus ao medio do campo do Municipal.

De porteiros vai a cousa. O proxecto do Guntín quere dar moito que falar. Reforzan a portería con Ilian. O gardamallas de 28 anos pasou polas categorías inferiores da Residencia e tivo unha etapa importante no Riotorto.

Ramos regresa ao noso fútbol

Na Segunda Futgal, que comezará a fin de semana do 14 de setembro, un dos equipos chamados a estar novamente na zona alta do norte é o Folgueiro. O club máis ao norte da provincia refórzase con Alberto, futbolista con experiencia no Viveiro, Xove Lago e Foz.

Pola súa parte, o Alfoz recupera para a causa un xogador importante no medio do campo. Adrián Ramos, que o curso pasado volvera puntualmente á SD Burela, xogará ás ordes de Javi Chinchón. O centrocampista acumulara boas tempadas hai uns anos en Primeira, tanto no Burela como no extinto Valadouro. Á chegada de Ramos súmase as anuncias nos últimos días de Babacar para o ataque e a de Esteban García para a portería.

Na Terceira Galicia, o Catro Roldas anunciou a fichaxe de Josito. O extremo chega a Román procedente do Cospeito. É a terceira fichaxe do cado amarelo que procede do club cospeités, que este curso non sairá a competir no noso fúbtol tras 40 anos de historia.

Na zona sur, Edu Angulo ficha no Relámpago Taboada para reforzar o aspecto ofensivo do equipo. É a sexta incorporación anunciada polo equipo que esta campaña estará adestrado por Jesús Melendo.

Diario dun mercado. Episodio 499

Diario dun Mercado. Episodio 498

Diario dun mercado. Episodio 499

Diario dun mercado. Episodio 499

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *